domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

Bará insta a Abanca a devolver "as comisións abusivas"

Bará e demais cargos nacionalistas ás portas da sede central. CEDIDA
Bará e demais cargos nacionalistas ás portas da sede central. CEDIDA
A entidade está a cobrar 50 euros por semestre

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, esixiu este lunes ás portas da oficina central de Abanca na capital, a devolución das "abusivas comisións de mantemento" que a entidade está a cobrar aos seus clientes. O nacionalista, acompañado de Manuel Lourenzo e doutros cargos, destacou que o Bloque está "radicalmente en contra destas prácticas" que afectan fundamentalmente a pensionistas, autónomos e traballadores, moitos deles en situación de Erte.

Bará sinalou que o cobro de 50 euros de comisión de mantemento por semestre é totalmente abusiva e afecta directamente á economía da maioría social do país, ademais, nun momento tan delicado como o actual no que se están a sufrir as consecuencias económicas da pandemia da covid-19.

"Esta banca privada beneficiada por Feijóo gaña centos de millóns de euros cada ano, no ano 2019 uns 405 millóns de euros, a base de meter sablazos como os 50 euros de comisión semestral cobrados recentemente. Dende logo o BNG está radicalmente en contra destas prácticas abusivas", dixo o cabeza de lista, engadindo que o Bloque defenderá tanto a devolución das comisións abusivas como a devolución do rescate de Abanca para crear unha banca pública galega.

Neste sentido, defendeu a necesidade dunha banca pública para axudar ao desenvolvemento do país tal e como existe en moitos países europeos como Alemania ou Holanda, "onde é unha banca rendíbel, saneada e que dá beneficios".

Destacou que no caso galego tería dous obxectivos principais, o primeiro fomentar e financiar obra pública e de interese social, por exemplo a construción de vivendas sociais, residencias e hospitais, centros de día ou institutos. Por outro lado tamén impulsaría o tecido produtivo e a actividade industrial participando en sectores económicos e empresas estratéxicos.

Bará insta a Abanca a devolver "as comisións abusivas"
Comentarios