A pesar de nacer hai só un día, esta non é a primeira noticia que protagoniza Tristan en Diario de Pontevedra. Hai só dúas semanas, a súa nai explicaba neste periódico a súa experiencia como embarazada durante a pandemia e as restricións que se impuxeron para frenala.
Tristan é fillo do confinamento e pertence á primeira xeración de bebés que foron enxendrados en pleno peche de marzo. "Non foi casualidade, nós estabamos xa planeando ter familia e coincidiu que me quedei embarazada en abril", explicaba Silvia García Mirón para aquela reportaxe. Soubo que estaba embarazada o 1 de maio e a primeira consulta xinecolóxica tivo lugar cando aínda estaba vixente o confinamento domiciliario. Á cita co médico acudiu con todas as proteccións -máscara, pantalla, luvas -e moito medo.
As revisións da evolución do embarazo foron distintas, xa que tivo que acudir soa, sen que o pai puidese acompañala. Apenas tivo clases de praparación ao parto e, segundo confirmou este venres, boa parte da dilatación pasouna coa máscara posta. Ademais, antes de dar a luz tivo que facer unha PCR. Así foi parir en plena pandemia.