Os bebés volven ao teatro en Pontevedra

Unha dobre función de 'Catro', de Caramuxo, abre a programación do VIII Festival das Núbebes ► Hoxe Baobab presenta 'Ris Ras'
undefined
photo_camera As butacas do Teatro Principal, durante a función do sábado. DAVID FREIRE

Catro lados ten un cadrado. A partir desa premisa, a compañía Caramuxo Teatro concibiu unha montaxe, dirixida a cativada de entre 1 e 4 anos, que aposta polo movemento como linguaxe e como canle de coñecemento. O número catro, presente de forma constante na nosa vida cotiá, é o protagonista desta obra: catro poden ser as estrelas que vexo dende o meu cuarto ou ser os recunchos do meu lugar favorito. Por exemplo.

TEATRO PRINCIPAL_ inauguracion de Nubebes co espectaculo _Catro__ de Caramuxo_ Tamen publico_ _Grafica con detalles do espectaculo_ colas se as hai_ presentacion se a hai___

Cunha dobre función de "Catro" quedou inaugurado onte, no Teatro Principal, o VIII Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familias Núbebes. O espectáculo supuxo o reencontro do evento co público tras terse cancelado o ano pasado por mor da pandemia. Con todo, esta edición ten igualmente un carácter reducido a causa da situación sanitaria, segundo explicaron no seu día os organizadores, que son o Concello de Pontevedra e a compañía de teatro Baobab.

Foi precisamente Andrea Bayer, de Baobab, a que lle deu onte a benvida á xente ao teatro. Hoxe a compañía encárgase da segunda xornada do evento. Tamén en dobre función (de 12.00 e 18.00 horas) porán en escena unha das súas últimas montaxes, "Ris Ras", unha obra que mestura música e teatro e que está inspirada na tradición oral galega. Dirixida a crianzas de entre 1 e 6 anos.

TEATRO PRINCIPAL_ inauguracion de Nubebes co espectaculo _Catro__ de Caramuxo_ Tamen publico_ _Grafica con detalles do espectaculo_ colas se as hai_ presentacion se a hai___

Os espectáculos de Núbebes continuarán para a semana con outras dúas propostas. A primeira, o sábado 25 de setembro, é "Da lúa", de Rilo & Penadique. Mestura narración oral e música e está dirixida a cativada de entre 0 e 3 anos. O festival rematará, o domingo 26, cun concerto de Cé Orquestra Pantasma.

As entradas (3 euros) están á venda en www.ataquilla.com.