Belas Artes, a facultade que cambiou a arte contemporánea en Galicia

O centro cumpre 30 anos nun momento convulso marcado pola creación do grao de Deseño e pola pandemia
O actual decano, Xosé Manuel Buxán, no patio interior do centro. DAVID FREIRE
photo_camera O actual decano, Xosé Manuel Buxán, no patio interior do centro. DAVID FREIRE

A data exacta é o 5 de novembro de 1990. Impartíase aí a primeira clase da facultade de Belas Artes de Pontevedra; facultade que o cambiou todo no ámbito da arte contemporánea en Galicia; "facultad aluvión", como a define o actual vicedecano, Javier Tudela, "porque aquí llegó gente de todas partes de golpe, en un momento de mucha ilusión y generosidad, aportando una enorme riqueza de conocimiento y experiencia". 

DAVID FACULTADE DE BELAS ARTES (pendente de confirmar hora): entrevista co actual decano, Xose Manuel Buxan, e reportaxe fotografica polas instalacions. Para reportaxe de fin de semana sobre o seu 30 aniversario., jueves, 12 nov · 12:00–13:00A súa sede comezou estando no vello Fogar Provincial. Naquela primeira aula había 110 alumnos: 70 homes e 40 mulleres. Tardarían catro anos en trasladarse a onde están hoxe, o antigo cuartel de San Fernando, no mesmo corazón da cidade, ao pé da Alameda. Faríano tras unha revolta estudiantil que reclamaba un espazo adecuado para as clases. O actual equipo decanal reclama a día de hoxe exactamente o mesmo: un traslado. E refírese ao Edificio das Artes, proxecto paralizado dende 2005, que os trasladaría a un inmoble de nova construción, na parcela de Tafisa, ao carón do río Lérez. Cando se comezou a falar desa opción, moitos mestres eran remisos a abandonar as actuais instalacións, no corazón de Pontevedra. O decano, Xosé Manuel Buxán, opina todo o contrario. "A pandemia acabou de deixalo claro. Este edificio é como é: limitado e pobre para impartir estas ensinanzas, cuns espazos moi reducidos, decimonónicos. Custounos ferro e fariña organizar as clases e os obradoiros pos-covid. Someteunos a todos a un estrés tremendo. Ter enfrontado isto nese xa utópico Edificio das Artes levaríanos a xogar noutra liga. Aos recortes temporais que impuxo Boloña, nós engadimos recortes espaciais. Ten por seguro que pagamos unha importante factura por estar aquí". 

Xosé Manuel Buxán: "O diálogo coa cidade sempre vai ser difícil porque somos moi diferentes. Pontevedra vive afastada da nosa aventura intelectual e artística"

Buxán lidera un equipo decanal no que, ademais de Tudela, están Chelo Matesanz e Carlos Tejo. Ocupan a dirección do centro dende 2019, un ano especialmente convulso na historia da facultade, que enfrontou dividida a decisión da Universidade de Vigo de crear un novo grao de Deseño e Creación e implantalo no centro. A proposta, rexeitada pola Xunta de Facultade, levou a dimitir á entón decana, Silvia García, que viña de ser reelexida uns meses antes cun 79% de votos favorables e que asumiu a controversia e o enfrontamente entre o profesorado e co Reitorado como "un fracaso persoal". DAVID FACULTADE DE BELAS ARTES (pendente de confirmar hora): entrevista co actual decano, Xose Manuel Buxan, e reportaxe fotografica polas instalacions. Para reportaxe de fin de semana sobre o seu 30 aniversario., jueves, 12 nov · 12:00–13:00

"A facultade pronunciouse maioritariamente en contra da implantación do grao. Porque nós xa abranguemos eses estudos. Os mestres que o apoiaban son unha minoría", di Buxán, que non dá o asunto por pechado. "O primeiro informe da Xunta de Galicia ao respecto da creación dos estudos foi demoledor. Agora estamos á espera do segundo. Nós mantemos a mesma posición que o primeiro día: Belas Artes son uns estudos importantes e singulares no contexto universitario galego. Hai que defendelos. En todo caso, o tema do grao de Deseño é un asunto que teñen que dirimir a Universidade de Vigo, que fixo esa aposta, e a Xunta de Galicia, que a apoiou, deixándonos, se pode ser, á marxe", explica o decano. "El diseño gráfico supone una importante salida profesional para muchos de nuestros alumnos", engade Javier Tudela. "No entendemos el empeño por apostar por la rama cuando se puede apostar por el árbol". 

Javier Tudela: "Nuestros alumnos han marcado un punto de inflexión en Galicia después de Atlántica. Estamos muy orgullosos de todo lo que ha sucedido aquí"  

EN XERUNDIO. O primeiro decano de Belas Artes foi Juan Fernando de la Iglesia, "partidario de conjugar el arte en gerundio: haciendo", lembra Tudela. Na rolda de prensa que ofreceu o 2 de agosto de 1990 para presentar a nova facultade enumerou algúns dos seus obxectivos inmediatos. Entre eles estaban "servir de apoio á definición dos sinais de identidade culturais de Galicia" e "establecer vínculos co mundo empresarial e industrial". Aqueles obxectivos están hoxe cumpridos para o profesorado. "Esto lo reconocía el propio Manolo Moldes [pintor e mestre falecido en 2017]: Belas Artes y nuestros alumnos han marcado un punto de inflexión en el arte gallego. Son lo más importante que le ha sucedido a la creación contemporánea de Galicia después de Atlántica", sentenza Tudela. "Estamos muy orgullosos de todo lo que ha ocurrido aquí". O decano confírmao. "E isto é algo que tamén se ve fóra. Ata hai 20 anos, fóra de Atlántica, Galicia non tiña presenza na arte española. Hoxe, alumnos desta facultade expuxeron nos grandes centros de referencia do Estado. Esta é unha facultade punteira, moi recoñecida, sempre entre as cinco ou seis mellores de Belas Artes de España, pelexando cos grandes transatlánticos que son Valencia, Barcelona ou Bilbao. É algo que di moito do que somos e significamos". DAVID FACULTADE DE BELAS ARTES (pendente de confirmar hora): entrevista co actual decano, Xose Manuel Buxan, e reportaxe fotografica polas instalacions. Para reportaxe de fin de semana sobre o seu 30 aniversario., jueves, 12 nov · 12:00–13:00

Entre os retos que Belas Artes enfronta de cara ao futuro, os dous mestres mencionan a renovación do profesorado. "Necesitamos captar el talento que ahora mismo se está marchando de Galicia", di Tudela. "Otro reto importante pasaría por saber generar sinergias con el arte contemporáneao gallego". E con Pontevedra? A relación da facultade coa cidade sempre foi complexa. "Ségueo sendo, ségueo sendo", concede Buxán. Hai quen bota en falta o activismo artístico a pé de rúa do que facían gala as primeiras xeracións. Hoxe a presenza dos alumnos de Belas Artes apenas se nota na cidade. "Eso tiene que ver con algo que ha afectado a nuestros alumnos y a toda la sociedad actual en general: vivimos alrededor del ordenador. Mucha de aquella actividad se ha trasladado a las redes sociales", conta o vicedecano. "En canto ao diálogo que Belas Artes e Pontevedra manteñen, é amable, pero sempre vai ser difícil porque somos moi diferentes. Esta é unha cidade pequena, extremadamente conservadora nas súas programacións culturais e artísticas. Vive moi afastada dos obxectivos e do traballo, da aventura intelectual e artística, que se realiza no noso centro, que busca estar na elite da arte contemporánea". 

Comentarios