sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Benestar Social distribuirá 200.000 mascarillas doadas por unha empresa pontevedresa

Recepción das 200.000 mascarillas. DP
Recepción das 200.000 mascarillas. DP
Mape Asesores entrega 100.000 mascarillas cirúrxicas e 100.000 reutilizables, que serán repartidas entre as familias que máis o precisan dende a Casa Azul e o Banco de Alimentos

O concelleiro de benestar social de Pontevedra, Marcos Rey, achegouse este martes ata os almacéns da Casa Azul e do Banco de Alimentos para supervisar a chegada de 200.000 mascarillas de protección doadas pola empresa pontevedresa Mape Asesores S.A. ao Concello.

En concreto, a firma situada no Polígono do A Reigosa-O Campiño fixo entrega de 100.000 unidades de mascarillas cirúrxicas e 100.000 unidades de mascarillas hixiénicas reutilizables (ata 10 lavados) valoradas en 78.000 euros.

Marcos Rey agradece esta doazón tan importante realizada pola firma de Gumersindo Cachafeiro

Segundo explicou o edil socialista, a metade dos palés foron depositados na Casa Azul e a outra metade nos almacéns do Banco de Alimentos, "e dende alí, os elementos de protección serán distribuídos ás familias de Pontevedra que máis o precisan, directamente e a través de diversas entidades sociais".

"Agradecemos enormemente a xenerosa doazón realizada pola firma de Gumersindo Cachafeiro. Estas mascarillas serán de especial utilidade nun momento como o que estamos a padecer, en pleno pico da pandemia en Galicia", subliñou Marcos Rey.

Benestar Social distribuirá 200.000 mascarillas doadas por unha...
Comentarios
ç