lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Ningún neno sen agasallo de Nadal coa campaña (en)Volve

Agasallos de Nadal. PIXABAY
Agasallos de Nadal. PIXABAY

Benestar Social e Meniños poñen en marcha a iniciativa un ano máis

 

A Concellería de Benestar Social de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Meniños, pon en marcha, un ano máis a campaña solidaria (en)Volve, que ten o obxectivo de que "ningún neno, nena ou adolescente quede sen o seu agasallo de Nadal".

Segundo anunciou o edil responsable do departamento municipal, Marcos Rey, a campaña "comeza con antelación para poder planificar con tempo e garantir que sexa segura para todas as persoas implicadas".

"A principal novidade desta edición -sinalou o socialista- será que só se entregarán cartas vía whatsapp, para evitar así o contacto presencial tanto coas familias receptoras dos agasallos como dos cómplices que participarán, acudindo única e exclusivamente de forma presencial á Casa Azul para a entrega do agasallo”.

A Concellería de Benestar Social e Meniños agardan, "este ano máis que nunca, contar de novo coa colaboración da cidadanía pontevedresa", e animan aos cómplices dos Reis Magos "a mercar nos comercios da nosa cidade". Todos aqueles que queiran converterse en cómplices das súas Maxestades de Oriente deberán encher un formulario que poderán descargar neste enlace.

Os agasallos terán un importe máximo de 35 euros.

"Para calquera dúbida, a Concellería e Meniños estará á disposición da cidadanía a través dos teléfonos de contacto 678 75 49 33 e 604 08 14 72. Neste ano tan complicado, pedimos máis solidariedade e comprensión que nunca", apuntou Marcos Rey.

Ningún neno sen agasallo de Nadal coa campaña (en)Volve
Comentarios
ç