Benito Corbal volve cambiar de sentido o mércores pola segunda fase das obras

Traballarase entre Branco Porto e Cobián Areal, o que obrigará a pechar ao tráfico ese tramo da rúa

Obreros trabajando este miércoles en la ampliación de aceras de Benito Corbal. RAFA FARIÑA
photo_camera Obreros trabajando en Benito Corbal. RAFA FARIÑA

A rúa Benito Corbal volverá a cambiar de sentido a partir do mércores, cando se retoman as obras no segundo treito: dende o edificio da Xunta até a praza do Hospital.

Fase II de Benito CorbalSegundo informou este domingo o Concello, xa está rematada toda a primeira fase do proxecto (de Sagasta a Branco Porto) e só queda pendente do asfaltado que se fará en toda a rúa xunta.

As obras continuarán polo segundo tramo sen executar a beirarrúa situada ao carón do edificio da Xunta que está en obras. Esa será a última parte do proxecto, agardando que se poidan ir retirando as estadas para poder traballar na rúa.

De non ser así, a Concellaría de Obras xa decidiu que deixará este tramo por rematar para comezar a reforma da rúa Lepanto que arrancará polo entronque coa rúa San Antoniño e irá avanzando cara o edificio de Benito Corbal.

Daquela, o Concello xa executaría o treito que quedase pendente diante do edificio autonómico xa que é moi probable que estivese retirada a andamiaxe da obra. Ao igual que no primeiro tramo, esta nova fase de obra suporá novas restricións ao tráfico, para tratar de acelerar o proxecto o máximo posible. A rúa Lepanto xa se poderá abrir ao tráfico normal, e volverán a cambiar de dirección as rúas que na primeira fase cambiaron de sentido.

As principais actuacións son estas:

  • Reábrese o treito de Benito Corbal entre Branco Porto e Vasco da Gama (baixada cara a praza de Barcelos)
  • Péchase a circulación entre Branco Porto e Cobián Areal. Para pór en marcha este peche
  •  Cámbiase o sentido de circulación de Joaquín Costa entre Branco Porto e Uxío Novoneira, que pasará a ser de entrada na cidade.
  • • Invértese a rúa Branco Porto na súa totalidade, quedando de entrada cara Benito Corbal e Cruz Gallastegui.
  • En todo caso, estará autorizada a carga e descarga e tamén o acceso a residentes que accederán ao tramo agora pechado ben entre Benito Corbal e Cobián Areal ou ben entre Benito Corbal e Branco Porto.

Comentarios