Bicicletas respetuosas coa natureza

Pontevedra é un referente na mobilidade sostible, pero existen propostas que poden mellorar e facilitar unha fluctuación da xente de forma máis ecolóxica grazas aos velocípedes eléctricos capaces de axudar a chegar a lugares que antes non se imaxinaba, sen moito esforzo e de forma amable co medio ambiente
Bicicletas eléctricas en una tienda especializada de la ciudad. RAFA FARIÑA
photo_camera Bicicletas eléctricas nunha tenda especializada da cidade. RAFA FARIÑA

A vila de Pontevedra foi cambiando cos anos e, con cada movemento social, as cidades van adaptándose ás esixencias institucionais. Na actualidade as propostas que veñen da Unión Europea van cara políticas máis sostibles, nas que se inclúen a transición cara coches máis eléctricos e de baixo consumo ou a peatonalización das rúas. Faceta que xa podemos ver en multitude de vilas e cidades de Galicia e que -aínda que para algúns este cambio que impiden o acceso aos coches a zonas do centro é unha cuestión debatible- a realidade é que os datos indican que para evitar as emisións de gases nocivos é máis que efectiva.

A vila do Lérez xa fixo este cambio dende o ano 2018 e dende entón converteuse nun exemplo para moitas cidades. Grazas á reducción do CO2 - concretamente sitúanse os números arredor do 67%- que otorgou á diminución de zonas transitables para os coches, e o aumento de alternativas para circular de forma rápida e segura. Aínda así, e segundo moitos vendedores de tendas especializadas en bicicletas urbanas e patíns eléctricos "aínda queda bastante que concienciar e facer" para deixar o coche parado nos garaxes e aparcamentos.

Isto foi concretamente o que comenta Juan Vidal Rodiño, dependente da tenda de bicicletas de Bici o Con. "Hay un repunte durante el verano bastante importante en la compra de bicicletas respecto a otras épocas del año", indica mentras procede a explicar que este aumento tamén é debido ás axudas que deron dende a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade- este verán. Unha proposta chamada Ebici e que daba certo diñeiro -dependo da situación económica de cada persoa- para axudar á mobilidade urbana a través das biciletas eléctricas. Nesta subvención non entran todas as bicicletas, en concreto, chámase a incentivar unha mobilidade máis sinxela a través do pedaleo asistido e de 250 W. Estos vehículos teñen unha serie de requisitos moi concretos para que "entren dentro dunha legalidade", indica Nacho Cons, propietario de Moto Bike.

As bicicletas eléctricas son unha aposta segura para as persoas que queiran gozar dunha moblidade segura e sostible pola vila

Juan Vidal Rodiño de Bici o Con. DP
Juan Vidal Rodiño de Bici o Con. DP

Corroborando isto, Rodiño explica que "no entran bicicletas de montaña. Sólo son bicicletas para el desplazamiento en zonas del centro como para ir al trabajo", indica Rodiño, desta proposta da institución galega que xa logo remata en 10 días. Ademais procedeu a comentar que esta proposta incentiva o uso destes velocípedes pola zona central do Lérez, dunha forma máis sostible, pero aínda así "queda mucho por concienciar dado que Galicia o otras zonas de España, no hay cultura de mobilización con este método como otras zonas de Europa". A mobilización con elementos eléctricos son unha boa alternativa para ir a lugares "que no te plantearías antes" dunha forma cómoda e amena. Segundo Juan Vidal, "si pruebas una de estas no vuelves a las convencionales". Isto ocorre grazas a que "no haces el esfuerzo que te implican los otros mecanismos y es más rápido que coger el coche". Segundo este vendedor que traballa na tenda con máis fama da comarca, "a veces tardas más en sacar el coche del garaje y llegar a tu destino que ir en una bicicleta de estas".

Esta mesma opinión compartea Severino Mata Villar, dependente da tenda Xtreme Bike de Pontevedra. No seu local, as xentes non paran de comprar bicicletas para visitar a vila, pero considera que estas novas alternativas de andar pola Boa Vila son excelentes para incentivar o uso deste medio de transporte con dúas rodas e conciencia sostible.

JUAN VIDAL RODIÑO
"Queda mucha concienciación. En Galicia no hay costumbre de usar bicicletas para trasladarse entre lugares"

AFORRO E SOSTENIBILIDADE. Son elementos que entran dentro deste pack, pero tamén entra o investimento. O certo é que o líder da mobilidade a rodas ecolóxica ronda os 1.000 ou 2.000 euros de media e pode chegar a subir aos arredor dos 10.000 euros -dependendo do modelo, compoñentes e marcas-, pero segundo os vendedores das tendas máis demandadas da zona do Lérez, é unha aposta segura e duradeira a longo prazo, ademáis de ser máis seguros coa contorna natural e protexer de gases nocivos ás xentes de Pontevedra.

Nacho Cons de Moto Bike. RAFA FARIÑA
Nacho Cons de Moto Bike. RAFA FARIÑA

Segundo Nacho Cons, propietario de MotoBike, "desde las instituciones no se ayuda lo suficiente a reforzar el uso de bicicletas", indica o vendedor ademais de contar que dende os organismos públicos "deberían crear infraestructuras para que sea más seguro dejar una bicicleta en la calle", propone. Engade que "la gente no se anima a ir en bicicleta puesto que se gasta miles de euros en una para bicicleta para que luego no la pueda dejar en la calle con el miedo a que se la roben", indica. "Tiene que haber sitios seguros para dejarlas mientras estás trabajando y la Diputación y Concello están muy verdes en eso".

NACHO CONS
"Deberían crear unas infraestructuras para que sea seguro dejar una bicicleta en la calle"

Severino Mata Villar de Xtreme Bike. N.P.
Severino Mata Villar de Xtreme Bike. N.P.

Segundo Nacho, Severino e Juan, quedan cousas por mellorar, pero o que teñen claro é que a un ritmo tranquilo estase abrindo un camiño bonito para andar en bicicleta e para aumentar non só o número de amantes deste desplazamento con múltipleas facetas, tamén para "simplificar a vida" dunha forma segura e amable co que nos rodea.

Desta forma entre todos "faremos da vila" un lugar máis seguro e cunha mobilidade exemplar e máis preto das expectativas que gardan as políticas da Comisión Europea que ten por obxectivo para acadar unha Europa máis "limpa" de gases e contaminación coñecido como Plan Verde Europeo 2030.

Comentarios