O biólogo Adolfo Cordero manterá unha charla este martes con Ramón Rozas en Conversas na UVigo

O profesor de Enxeñería Forestal Adolfo Cordero. CEDIDA
photo_camera O profesor de Enxeñería Forestal Adolfo Cordero. CEDIDA

Dentro do ciclo Conversas na UVigo, que organizan a Universidade de Vigo e Diario de Pontevedra, o coordinador da actividade e crítico do xornal, Ramón Rozas, mantén este martes unha charla co biólogo Adolfo Cordero. O encontro, aberto ao público, terá lugar ás 20.00 horas na Casa das Campás.

Adolfo Cordero é profesor da Escola de Enxeñaría Forestal, biólogo e experto en conservación da biodiversidade. Diferentes cuestións medioambientais como o aproveitamento sostible dos bosques, a desaparición de diferentes especies de insectos ou os efectos do cambio climático centrarán a conversa de Rozas co investigador do grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación.

É a sétima cita dun ciclo polo que este ano pasaron o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros; o candidato do Partido Popular á Alcaldía, Rafa Domínguez; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a concelleira do BNG Pilar Comesaña; o escritor, crítico de cine e mestre en Ciencias Sociais Miguel Anxo Fernández, e o empresario Gerardo Lorenzo.

Comentarios