Blanco visita a tenda de moda infantil Ma Petite con motivo do inicio da campaña das comuñóns

Yoya Blanco, en Ma Petite. DP
photo_camera Yoya Blanco, en Ma Petite. DP

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, visitou este martes a tenda de moda infantil Ma Petite, ubicada no número 9 da rúa García Camba. A edil socialista tivo ocasión de falar un anaco coa súa responsable, Marieli Touza, e de amosar o  respaldo da plataforma #PonteLovers a pequenos comercios do sector téxtil coma este, "que xa suma 10 anos de vida na nosa cidade".

Blanco asegura que "agora que comeza a campaña das comuñóns, é unha moi boa idea pasarse por establecementos especializados como Ma Petite onde se poden atopar prendas e complementos multimarca cunha relación calidade-prezo fantástica".

Comentarios