Miércoles. 19.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 19.06.2019
El tiempo

Mareadelo e PSOEMón, PPGotera e Domínguez e outra de PPromanos

Lores e Kiko da Silva na presentación do segundo número do Lórix Magazine. DP
Lores e Kiko da Silva na presentación do segundo número do Lórix Magazine. DP

O BNG lanza o seu segundo cómic da campaña, Lórix Magazine 2, no que Kiko da Silva volve tirar de retranca e incorpora algúns dos acontecementos máis recentes desta carreira cara ó 26M

O "pico cravado nun dólmen composterix que quedou chantado cando un iluminado intentou tirar abaixo o dólmen", a "porta xiratoria da fábrica de papiros" de Lourizán, a presenza do pianista James Rhodes na cidade, a Vesp-Tino do candidato socialista... A segunda parte do cómic do BNG pontevedrés non deixa títere con cabeza.

Presentación do segundo e último número do Lórix Magazine. DPLórix Magazine 2 é o título desta nova creación de Kiko da Silva, que ademais das aventuras da Pontevedrum poboada por "irredutibles galegos" e rodeada por PPromanos e outros líderes da oposición, nesta edición incorpora outras dúas historietas. Unha é a de Maeradelo e PSOEmón, que caricaturiza a Luís Rei e a un Tino Fernández que, ademais dunha Vesp-tino antilombos, viaxa sobre un Monopa-Tino.

A outra é a de PPGotera e Domínguez, protagonizada polos dirixentes populares empeñados en que a cidade non perda a súa "esENCEcia", pero que tamén recrea ao candidato de Podemos repartindo o seu programa electoral "subido na mesmísima Vespa de Juan Carlos Monedero" e á número dous de Marea Pontevedra, Tere Casal, usando un composteiro cando Luís Rei non a ve.

O cómic está nas rúas dende este martes e, para presentalo, o candidato nacionalista, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu á fonte da glorieta de Compostela acompañado por varios membros do seu equipo. "Fronte á tristura da campaña, a certo resentimento e incluso aos malos fumes de Ence, presentamos a segunda entrega do Lórix Magazine, porque queremos darlle alegría, ilusión e sentido do humor, que fai moita falta", dixo o líder do Bloque pontevedrés. "Ademais, este cómic recolle as últimas incidencias desta semana de campaña e está presente absolutamente todo, mesmo a presenza de James Rhodes en Pontevedra, que actúa como trobador da aldea gala para que eu non teña que cantar", engadiu.

O candidato amosouse esperanzado en que esta segunda parte repita o éxito da primeira, da que se repartiron 20.000 exemplares en menos dunha semana. Nesta ocasión vaise distribuír a mesma tirada co obxectivo de que o Lórix Magazine 2 "lle sirva á xente para meditar o voto, e sobre todo, para que vaia votar, porque canta máis participación, menos dúbida hai do que quere facer a cidade de Pontevedra co seu futuro", concluíu.

Mareadelo e PSOEMón, PPGotera e Domínguez e outra de PPromanos
Comentarios