O BNG mobilízase para reclamar unha AP-9 galega e libre de peaxes

Carme da Silva considera que outras autoestradas españolas foron liberalizadas grazas á "capacidade de negociación que tiñan as súas forzas políticas propias"
Acto do BNG ao pé da autoestrada AP-9. DP
photo_camera Acto do BNG ao pé da autoestrada AP-9. DP

A cabeza de lista do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, acudiu este sábado xunto a outros membros do equipo nacionalista ao pé da autoestrada AP-9 para volver reivindicar a transferencia da autoestrada a Galicia e a supresión das peaxes, "que seguen sendo as máis caras do Estado", lembrou.

Nesta liña, sinalou que otras autoestradas españolas xa foron liberalizadas grazas á "capacidade de incidencia e de negociación que tiñan as súas forzas políticas propias". Así, asegurou que "ou Galiza ten capacidade para decidir cunha voz propia que defenda os seus intreses, ou seguiremos pagando a portaxe da AP-9 e seguirá sen trasnferirse a Galiza", porque "tanto o Partido Popular como o socialista falan da súa transferencia só cando non teñen responsabilidades de Goberno no Estado español, pero cando si as teñen vanse alternando nesta tomadura de pelo aos galegos e aos pontevedreses, que seguimos aturando esta estafa de portaxe", criticou a nacionalista.