lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

O BNG de Pontevedra asegura que mantén "unha posición aberta" para acadar pactos

El edil Raimundo González Carballo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
El edil Raimundo González Carballo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os nacionalistas tampouco desbotan gobernar "en solitario"

O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, asegurou que, a día de hoxe, "non hai nada predeterminado" en canto a como se afrontará o próximo mandato, pero o BNG manterá unha "posición aberta" sobre posible pactos, "sen descartar", en todo caso, gobernar en solitario.

Segundo explicou Raimundo González, "pode haber conversacións co Partido Socialista", aínda que "non descartan tampouco gobernar en solitario".

Este escenario por definir, dixo, mesmo afecta a que tampouco están "predeterminadas nin as áreas de goberno", en relación coas persoas que saíron elixidas como concelleiras. A excepción, iso si, é que a persoa que debe asumir a Alcaldía de Pontevedra é Miguel Anxo Fernández Lores.

O BNG local ten previsto unha reunión esta semana para "analizar os resultados" das eleccións municipais e determinar "que liñas imos seguir". Antes, este mércores, a Executiva Nacional do Bloque reunirase para analizar o panorama galego.

Como é habitual, na asemblea local "planificaranse o catro anos que veñen". "Por tanto, non imos tomar unha decisión rápida e inmediata", advertiu Raimundo González. "Teremos que analizar todas as posibles consecuencias", engadiu o portavoz do goberno local, quen dixo que, a partir de aí, "tomaranse as decisións que correspondan".

O BNG de Pontevedra asegura que mantén "unha posición aberta" para...
Comentarios