lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

O BNG solicita á Xunta os informes sobre a presencia de mercurio en Lourizán

Luís Bará. DP
Luís Bará. DP
Luís Bará pide que se envíen ao Parlamento as analíticas referidas á contaminación nos terreos sobre os que están Elnosa e Ence
O BNG presentou unha batería de iniciativas parlamentarias "en relación coa contaminación por mercurio dos terreos de Elnosa e Ence e os potenciais riscos para a saúde humana, para a ría e para o medio".

O deputado nacionalista Luís Bará defenderá o vindeiro xoves día 6, na comisión de Medio Ambiente, unha proposición de lei na que se insta á Xunta a dar a coñecer todos os informes relacionados co proceso de desmantelamento e descontaminación dos terreos que ocupou a factoría de Elnosa, en particular as análíticas que poñen de manifesto, tal e como trascendeu en pasadas datas uns niveis elevados de contaminación por mercurio.

O BNG tamén propón elaborar e aprobar un plan de vixilancia e control do solo e das augas superficiais e subterráneas do complexo industrial de Lourizán, así como adoptar todas as medidas necesarias para protexer a poboación, as augas da ría e os bancos marisqueiros.

O BNG fai este requerimento despois de que o PP "vetara" a comparecencia da directora xeral de calidade ambiental para explicar este feitos. "Tendo en conta a gravidade das informacións que transcenderon sobre a contaminación, o BNG solicitou a comparecencia da directora na comisión parlamentaria de medio ambiente, co obxecto de que dese cumprida información sobre a materia e garantise que se están a adoptar as medidas necesarias para protexer a poboación, o persoal da fábrica de Ence, as augas da ría e os bancos marisqueiros. Esta comparecencia foi vetada polo PP, de aí que o BNG presentase a proposición non de lei que será debatida nesa comisión".

En definitiva, "xa que ten coñecemento dos feitos cando menos desde outubro de 2020, o BNG solicitou da Xunta toda a documentación relativa a estudos, informes, escritos, analíticas relacionadas co proceso de desmantelamento e descontaminación dos terreos".

O BNG solicita á Xunta os informes sobre a presencia de mercurio en...
Comentarios
ç