lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

O bo de Ravachol arde para despedir o Entroido

Coa incineración do papagaio rematan as festas, mais aínda quedan pendentes varias citas do Carnaval que foron aprazadas pola choiva

"O bo de Ravachol só tiña unha ilusión, iluminar este Entroido con bombillas e paixón, despois dun Nadal escuro por un alumeado tristón", recitaba María Simal na Praza da Ferraría. "Chorade, chorade todos!", berraba aflixida a presentadora do acto, María Carrera, que ía vestida de rigoroso loito.

Centos de pontevedreses despediron na Praza da Ferrería ao paxaro. Varias comparsas acompañaron o cortexo fúnebre e un grupo de pranteiros choraron desconsolados polo papagaio. Tras a súa chegada á Ferrería, o grupo Ilusiones Compañía interpretou varios temas para despedir ao finado. No acto estiveron presentes o rei Urco e Perfecto Feijoo (dono da botica onde vivía Ravachol), ademais da concelleira de Festas, Carme da Silva. No evento tamén participaron Os do Val do Lérez, pregoeiros deste Entroido e gañadores do Concurso de Murgas, que entoaron unha saeta para despedir ao paxaro.

O bo de Ravachol arde para despedir o Entroido
Comentarios