Pontevedra prepárase para vivir este sábado a proba de Tríatlon de longa distancia do ITU Multisport World, que contará coa presenza de, entre outros, Pablo Dapena e Javier Gómez Noya.
Para que se leve a cabo con normalidade a proba raíña dos Mundiais –que suporá ademais a fin do evento–, prevénse numerosos cambios no tráfico rodado que afectarán á cidade, ao resto do Concello e a Barro:
Centro da Cidade
- As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora antes do inicio das probas.
- Serán as seguintes: Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Don Gonzalo, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería;, Praza Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, San Xulián, Serra e avenida de Bos Aires, con meta no Estadio da Xuventude.
- Queda totalmente prohibida a carga e descarga de mercadorías en todo o percorrido así como na súa área de influencia.
- O mercado de abastos estará aberto permitíndose a mobilidade tanto a pé como en vehículo a motor. E o estacionamento da zona monumental tamén estará operativo.
- Os aparcadoiros disuasorios estarán operativos agás o Recinto Feiral.
- A feira trasládase a Campolongo.
N-550 e PO-224
- O peche será desde as 07.00 até as 16.30 horas. O percorrido pechase unha hora antes do inicio das probas.
- N-550: Afectará dende Médico Ballina até o lugar de Briadorio (Barro).
- PO-224: Desde Pontillón de Castro ata Bordel.
- Na N-550 habilitarase, en varios puntos, carrís de circulación co fin de que os veciños teñan a maior mobilidade posible, aínda que, algúns, pola dificultade de habilitar estes carrís, terán que deixar os seus vehículos estacionados en lugares próximos que lles permitirá acceder a distintas vías de conexión coa cidade ou outros destinos.
PERCORRIDO. A proba definitiva do Mundial dará comezo ás 08,00 horas e constará dun circuito de natación (3 km.), un de bicicleta (113 km.) e un a pé (30 km.).
Natación
Bicicleta
A pé