Boa Vida volve encher a rúa de solidariedade

A organización celebrou o seu décimo aniversario na praza da Peregrina, con centos de xestos contra a exclusión social e a pobreza
Tendas solidarias de Boa Vida na Peregrina. J. CERVERA
photo_camera Tendas solidarias de Boa Vida na Peregrina. J. CERVERA

A praza da Peregrina de Pontevedra acolleu este sábado unha chea de actividades coas que a asociación Boa Vida celebrou o seu décimo aniversario.

A coordinadora da entidade, Pepa Vázquez, subliñou que esta organización leva na cidade e na súa contorna "dende 2012, e sempre incrementando notablemente o noso labor na loita contra a pobreza e a exclusión social". Vázquez matiza que esta convocatoria "é unha das mellores maneiras de continuar achegandonos á veciñanza de Pontevedra, coñecer as súas inquedanzas e necesidades, facéndolles partícipes do noso labor durante todo este tempo".

undefined
Xestos de solidariedade no décimo aniversario de Boa Vida. J. CERVERA

Ademáis de amosar os seus produtos e servizos, Boa Vida invitou a todo o público a participar e gozar das actividades que tiña programadas para esta ocasión tan especial. Entre elas, exemplos de accións recuperadoras da saúde psicolóxica que utiliza a asociación como ferramenta cotiá. Entre elas a escoita mútua onde as persoas dispoñían de catro cadeiras: dúas para o público interesado e as outras dúas onde se sentaban persoas que as escoitaron. Ou as "Miradas Solidarias e en silencio" para quen quería ser escoitado ou escoitada.

undefined
A xente achegouse ós diversos postos. J. CERVERA

Deste xeito, "dende a mirada", dispuxeron de duas persoas dispostas a mirar aos seus ollos dende unha invitación a deixarse sentir durante 21 segundos, que lle trasmite a mirada da outra persoa. Moitos e moitas participantes apuntaron incluso nunha tarxeta o sentir da persoa que lle miraba, e pudo escribir tamén o que eles ou elas mesmos sentiron.

Comentarios