Unha Boa Vila chea de fusión

O prato forte da xornada do xoves foi a mistura de folk e electrónica de Baiuca na praza de España
BAIUCA
photo_camera Baiuca, no escenario de praza de España. BEATRIZ CÍSCAR

A programación de verán do Concello seguiu este xoves cun ruando en San Antoniño e Barcelos da man de Pousos de Area e con Duos Pontes no centro histórico, lugar que contou tamén cun pasarrúas. Pola tarde, os gaiteiros Os Alegres amenizaron a avenida de Vigo, e os Gaiteiros das Rías Baixas fixeron o propio no centro histórico. En Campolongo, Circo 1900 protagonizou un divertido pasarrúas para os máis cativos. 

Tamén no serán, no Ven Trebellar nas Peregrinas, a Alameda acolleu o espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona, e o Globo tolo de Barafunda facía as delicias dos cativos que se atopaban na praza da Cítara.

Simultaneamente arrincou a xornada de Xeiras das Artes na praza da Curtidoira, unindo as verbas de Malvares cos trazos de Pablo Rei Zentolo.

Na praza da Corredoira tamén se produciu outra fusión, da man do músico Gabi de Dakidarria e a performance do Colectivo LAG. Finalmente, os asistentes ao xardín do río do Gafos puideron gozar da música de cámara de Vai de Música e a composición de Pedro e o Lobo

A Pontevedra máxica tivo tamén o seu oco na tardiña do xoves, coa actuación do mago Dani García e o seu Don Gelatti na praza da Pedreira, seguido da Maxia con desgarbo de Carlos Tomico. Amais, a praza da Ferraría, a de España e as pistas de Campolongo acolleron as propostas de jazz de Sumrrá (na foto de abaixo), a folktrónica de Baiuca e o pop de La Habitación Vudú, respectivamente.

Praza da Ferrearía. Concerto Sumrrá.

Programación | Venres 14 
Ven Trebellar nas Peregrinas
19:30h. No país do vento. Alameda. 
20:00h. O retorno da pirata Lola. Parque Amalia Álvarez. 
Xeira das Artes
12:00h. Su Garrido Pombo e Rebeca Santos. Praza da Curtidoira. 
21:30h. Quico Cadaval e Kiko da Silva. Xardíns de María Victoria Moreno. 
Pontevedra Máxica
20:30h. Maxia pola igualdade. Praza da Pedreira. 
22:30h. Linguado País. Praza da Pedreira.

Comentarios