miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

A Boa Vila está pola emerxencia climática

Recollida de lixo solidaria organizada o sábado na praia de Rodas, nas Illas Cíes. DP
Recollida de lixo solidaria organizada o sábado na praia de Rodas, nas Illas Cíes. DP
Pontevedra ten convocados varios actos para chamar a atención sobre os efectos do cambio climático. Ademais das iniciativas institucionais, o venres haberá dúas mobilizacións na cidade

UN SÓ obxectivo para toda a semana: impulsar a loita contra o cambio climático. Dúas son as citas do vindeiro venres con esta fin na Boa Vila. Así, dunha banda haberá unha concentración na Praza da Peregrina ás 12 horas convocada pola Rede de Escolas Asociadas da Unesco. Doutra, a Plataforma Galega contra o Cambio Climático tamén convoca unha mobilización para o mesmo 27 de setembro.

Promover a concienciación cidadá para reclamar das institucións compromisos na loita contra os efectos do cambio climático é a meta destas iniciativas. Así o anunciaron este luns a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e as coordinadoras estatal e nacional da entidade convocante, a Rede de Escolas Asociadas da Unesco, Luisa Márquez e María Jesús Enguídanos. A cita conta co apoio da Federación de ANPAS de centros públicos de Pontevedra, e a Federación de Asociacións Veciñais Castelao.

O Conservatorio Manuel Quiroga traballa nun himno polo clima

A concentración tamén ten o apoio do Concello por enmarcarse na liña dos parámetros que definen a campaña Efecto PO2. Esta campaña, posta en marcha pola Concellería de Promoción da Cidade, está enfocada a impulsar e poñer en valor políticas que Pontevedra xa está levando a cabo, como a redución do CO2 a través do calmado do tráfico, o avance na redución da pegada ecolóxica nos biorresiduos (compostaxe), ou a redución das fugas da auga na rede de abastecemento e de sumidoiros para xestión racional e eficiente dos recursos hídricos.

Durante toda a semana, en todas as escolas asociadas estanse promovendo actividades específicas sobre este tema. Ademais, desde o Conservatorio Manuel Quiroga estase traballando nun himno para ese día.

Pola súa banda, o presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, anunciou que se están deseñando actividades sobre a emerxencia climática para o último trimestre deste ano e que de cara ao vindeiro exercicio esperan estar en disposición participar na convocatoria da mobilización.

Tamén a Deputación de Pontevedra impulsa cada día da semana unha iniciativa no marco da Semana Mundial de Acción polo Clima. Así, o luns levou a cabo unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada por distintos deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde o ente provincial está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED.

Desta forma, a institución promove entre os concellos as políticas de crecemento sostible en liña coa estratexia da Comisión Europea e do Estado de Transición Ecolóxica. Ademais desta actuación, a Deputación ten en marcha outros dous proxectos centrados na substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa e o de renovación do alumeado público exterior en Bens de Interese Cultural.

Rodas. Recollida de lixo nas praias de todo o mundo
Máis de 40 voluntarios do Corpo Europeo de Solidariedade participaron a fin de semana na campaña #EUBeachCleanUp, a través da cal a Comisión Europea organizou 52 batidas para recoller o lixo en praias de todo o mundo. A fin é implicar á sociedade na necesidade de protexer o ecosistema mariño. Na provincia actuaron nas Illas Cíes.

Ademais, a CE aposta por proxectos que axudan a combater o lixo presente en no mar. Un deles é LitterDrone, promovido pola UVigo, que emprega cámaras de precisión situadas en drones para identificar e catalogar o lixo das zonas costeiras.

A Boa Vila está pola emerxencia climática
Comentarios