'Manuela é nova na escola', a aposta dos Bolechas para amosar a realidade dos nenos con diabetes

É a segunda publicación de Anedia en colaboración co Concello de Pontevedra
Preesentación de 'Manuela é nova na escola. Medrando con diabetes'. DP
photo_camera Preesentación de 'Manuela é nova na escola. Medrando con diabetes'. DP

Manuela é nova na escola. medrando con diabetes vén de presentarse este luns na Sala de Prensa do Teatro Principal. Así, trátase dun libro-guía protagonizado polos Bolechas e editado por Anedis en colaboración co Concello de Pontevedra no que a través da súa protagonista, unha nena con diabetes de tipo 1, a asociación nos achega á realidade desta enfermidade na infancia. Os exemplares distribuirande entre os centros educativos de Pontevedra. 

O relato conta como Manuela se traslada de colexio e a súa nova mestra non coñece a patoloxía, polo que a nena se ve obrigada a desmontar mitos extendidos como que os nenos aqueixados desta doenza non poden facer deporte, xogar ou comer, amosando que unicamente deben manter os niveis de insulina baixo control e que poden facer de todo. 

-1210151619

Na presentación, o tenente de alcalde, Tino Fernández, asegurou que o libro amosa a enfermidade "dun xeito moi didáctico, directo e sinxelo de comprender". Igualmente, Charo Lafuente, representante de Anedia en Pontevedra, fixo fincapé na importancia de “coñecer os problemas que teñen que afrontar habitualmente os rapaces con diabetes, para unha maior inclusión dos nenos afectados e que se empoderen y normalicen a súa nova vida cunha patoloxía que é crónica”. A este respecto, informou tamén de que a asociación conta con 300 socios e hai uns 1.000 menores de 18 anos con diabetes na nosa comunidade. “Os máis pequenos soen levalo mellor que os adultos, xa que non coñecen outra vida, pero cando o que debuta é un adolescente é máis complicado, posto que aparecen vergoñas como ter que merendar ás seis da tarde ou que os vexan pincharse”, subliñou. No acto estiveron tamén presentes Iria González e Carolina Blanco, voceiras de Xente Nova de Anedia. 

Adicionalmente, desde o organismo déronse a coñecer os obxectivos de Anedia para 2022 e 2023, que pasan por “acadar atención psicolóxica para adolescentes e nenos con diabetes e para as súas familias”.

Comentarios