lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

O boom do deporte urbano chega á Boa Vila

Obradoiro de baile urbano, este luns en Pontevedra. DAVID FREIRE
Obradoiros de baile urbano, este luns en Pontevedra. DAVID FREIRE
A Escola Urban Culture Factory e o Concello impulsan os obradoiros de skate, paddle surf, baile urbano e graffiti polos que durante todo o Nadal pasarán 250 rapaces de entre 5 e 16 anos

Pontevedra súmase ó boom dos deportes e ás artes urbanas. Así o constatan os impulsores da Escola Urban Culture Factory que imparten varios obradoiros durante as vacacións de Nadal e nos que van tomar parte ata 250 rapaces. Skate surf e Paddle surf nas Corbaceiras polas mañás, e ioga para nenos e nenas, baile urbano e graffiti polas tardes na sede da Escola (Peregrina,48), son as actividades que tiveron unha excelente acollida. Só cinco pequenos participan cada día en cada un destes talleres a fin de cumprir cos protocolos anticovid. "Cada día vienen diferentes niños a cada uno de los talleres. Además, las entradas y salidas se hacen a distintas horas para evitar que coincidan y tomamos todas las medidas de seguridad", subliña Toño Escudero, responsable da escola que abriu as portas o pasado mes de xuño, en plena pandemia. "Quisimos abrir en mayo pero por culpa de la covid-19 no pudimos. Empezamos las actividades en octubre y desde el principio fueron un éxito", engade. E é que eles son os responsables de que de cando en vez se vexan a distintos afeccionados ó paddle surf percorrendo o Lérez sobre as súas táboas.

"Está volviendo la tendencia de los 90 por la cultura urbana"

Ademais, en só uns meses apuntáronse ás clases de skate ata setenta personas. "El deporte y la cultura urbana cuentan cada vez con más seguidores", explica o titular de Urban Culture Factory. "Creo que está volviendo con fuerza la tendencia de los noventa".

Unha das principais reclamacións dos afeccionados é precisamente contar cun espazo para a práctica dun deporte que en Tokio será Olímpico e que goza de gran número de seguidores na comarca de Pontevedra. Precisamente, o Concello prevé instalar unha plataforma para a práctica do skate na rúa Raíña Vitoria, non exenta de polémica tralo peche. "Eso es una pista provisional. Nosotros llevamos años detrás de un proyecto consolidado, que creemos que tiene que ser céntrico y accesible para las familias. Hay que acabar con la idea que asocia el skate a los suburbios, es un deporte como otro cualquiera", engade Toño Escudero que lembra que cando el era pequeño tiña que ir á Coruña para poder practicar esta actividade e reivindica os deportes e a cultura urbana en xeral.

O boom do deporte urbano chega á Boa Vila
Comentarios
ç