Boyanka Kostova volve ao Surfing The Lérez

O festival de Pontevedra confirma a presenza do dúo de trap, en pleno enfrontamento de rimas con SonDaRúa
Boyanka Kostova, o ano pasado no Surfing the Lérez. RAFA FARIÑA
photo_camera Boyanka Kostova, o ano pasado no Surfing the Lérez. RAFA FARIÑA

O dúo de trap Boyanka Kostova repetirá (como tamén o farán The Rapants) no festival Surfing the Lérez de Pontevedra, que se celebrará entre o 21 e o 23 de xuño na Illa das Esculturas. 

O anuncio do concerto nas redes sociais do festival chega co grupo moi de actualidade ao manter un enfrontamento público en forma de rap cos desaparecidos SonDaRúa. Foron Cibrán García e Ortiga os primeiros que lle lanzaron beef aos outros. A mediados de abril, xusto despois de dar un concerto na Praza da Ferrería de Pontevedra, compartiron un tema novo onde desprezaban publicamente o xeito de entender a música dos de Ponteareas. Contestoulles hai unha semana un exintegrante de SonDaRúa, Hugo Guezeta.

Eles volveron replicar apenas unhas horas despois. O enfrontamento acabou por ter repercusión en distintos medios de comunicación. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida por BOYANKA KOSTOVA (@boyankakostova)

Especialistas en facerse notar, os Boyanka Kostova xa conseguiran que o seu concerto do ano pasado no Surfing the Lérez fora un dos que acadara maior repercusión nos medios e nas redes, ao ser o lugar escollido polo fillo menor do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para pedirlle matrimonio á súa moza.

Recén fichados polo selo de Ponte Caldelas Ernie, o dúo acaba de publica este xoves 1 de xuño o seu novo traballo: Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados.

Comentarios