Un bulldog francés do CAAN recupérase dunha hernia discal

'Rulo' leva no centro, dependente da Deputación, un ano e medio
Rulo recibe coidados no CAAN. DP
photo_camera Rulo recibe coidados no CAAN. DP

Rulo é un bulldog francés que foi rescatado xunto a outra cadela polo Seprona, sendo ambos ingresados no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación en outubro de 2019 ante o risco de morte. Neste contexto, o dono foi denunciado por maltrato animal. 

Deste xeito, ao animal detectóuselle unha hernia discal que se complicou nos ultimos meses, o que motivou unha intervención cirúrxica por parte do persoal do centro. Malia que todavía é cedo para realizar un pronóstico, a operación fo todo un éxito e Rulo evoluciona favorablemente. 

Pese a todo, o can todavía non pode ser dado en adopción, xa que aínda non se resolveu pola vía xudicial a denuncia interposta contra o seu dono, polo que o animal está só en réxime de custodia no centro pontevedrés. 

Comentarios