O café de Lores coa centenaria Araceli Vizcaíno

Foi unha das persoas que chegou aos 100 anos durante o confinamente e insistiu en ver o alcalde cando este se levantase
Lores, na súa visita a Araceli Vizcaíno
photo_camera Lores, na súa visita a Araceli Vizcaíno

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tomou este venres un café con Araceli Vizcaíno Corbal con motivo do seu 100 aniversario. A cita concretouse nesta semana, xa que esta pontevedresa foi unha das centenarias que cumpriu anos durante o confinamento. O Concello fíxolle chegar entón o ramo de flores que entrega aos centenarios, pero ela insistiu en tomar un café co alcalde cando se levantara o confinamento.

E así foi. O alcalde cumpriulle o seu desexo este venres, na terraza do Dulce de Leche na rúa Avenida Raíña Vitoria, próxima á súa vivenda. Curiosamente, Araceli quedou sorprendida coa idade de Fernández Lores, a quen non se cansaba de repetir que era moi novo, e lle chegou a botar non máis de 40 anos. O alcalde puido comprobar o bo estado  de saúde de Araceli e quedaron de repetir a cita no vindeiro ano.