El Cafetín proclámase gañador da Tapa Pontevedra por terceiro ano consecutivo 

Casa Román venceu na categoría de tapa tradicional; O Bioco, na de mellor cóctel, e Loaira recibiu o premio de Anfaco á mellor creación con conservas

Foto de grupo de todos os gañadores de Pontedetapas. DAVID FREIRE
photo_camera Foto de grupo de todos os gañadores de Pontedetapas. DAVID FREIRE

Vieira afumada carballoelaurel sobre arroz de algas. Esa foi a tapa escollida polo público de Pontedetapas como gañadora da edición do concurso deste ano con 11.507 puntos. Como tal, foi recoñecida este luns na Casa da Luz como Tapa Pontevedra 2017 e competirá pola cidade no certame De tapas por Galicia. 

Na categoría de mellor tapa creativa tamén gañou a creación de El Cafetín e, na de mellor tapa tradicional, o recoñecemento foi para a pescada á galega elaborada en Casa Román. Por outra banda, dentro da nova categoría creada por Anfaco, o gañador foi o restaurante Loaira co bocado Airbag de mexilón de tigre. Este recoñecemento permitiralles participar en Madrid Fusion. O mellor cóctel foi o de O Bioco, Sopas de cabalo canso fúnxicas. 

Quedaron como segundos clasificados Loaira coa tapa creativa Airbag de mexillón tigre, O Bioco coa tapa tradicional Tosta do monte da Fracha e Icewolf co cóctel en esferificacións Perlas no Camiño.


►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste martes◄