miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

A praia fluvial do Lérez entra de novo no censo de zonas de baño de Galicia

Praia fluvial do Lérez. DP
Praia fluvial do Lérez. DP

A calidade da súa auga goza da "clasificación provisional sanitaria de boa"

A praia fluvial que se asenta ás beiras do río Lérez vén de acadar a "clasificación provisional de boa", concedida pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade. A este respecto, o areal foi incluido novamente no censo de zonas de baño de Galicia, como xa acontecera no 2020. 

Aínda que o calificativo comporta vantaxes como a súa vixilancia sanitaria a partir deste momento, o edil de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, opina que a noticia supón “un espaldarazo ao traballo que iniciamos o pasado verán para converter esta praia, situada nun privilexiado contorno natural en plena cidade, nun espazo coa etiqueta de excelencia”, tras "un investimento duns 50.000 euros na súa mellora e posta a punto, cun paquete de actuacións e dotacións como a contratación de socorristas, a renovación da caseta de salvamento e unha achega de 450 metros cúbicos de area". 

Igualmente, Iván Puentes informou de que a auga será sometida a unha análise diaria durante a época estival, ademais de dar a coñecer outras iniciativas de mellora como a instalación dun panel que albergará un plano da praia e unha limpeza exhaustiva da mesma. 

A maiores, este areal foi declarado como "libre de fume" durante o exercicio anterior, xa que “é cada vez máis empregado por familias con nenos”, polo que inisiste na conveniencia de manter un comportamento cívico, “evitando escoitar música ou radio a un volume inaxeitado e empregando as papeleiras para os refugallos”.

A praia fluvial do Lérez entra de novo no censo de zonas de baño de...
Comentarios