Cambios de tráfico na avenida María Victoria Moreno por mor das obras

A circulación permitirase só no sentido que vai desde a avenida de Marín á de Vigo ► A reposición do firme farase este xoves e venres
La Avenida de María Victoria Moreno este martes, con más tráfico que en las semanas anteriores por la recuperación de la actividad. G.GARCÍA
photo_camera La Avenida de María Victoria Moreno. ARCHIVO

As obras de reposición de firme continuarán esta semana na avenida María Victoria Moreno, na contorna da glorieta coa rúa Iglesias Vilarelle, e na rúa Fernando II, no tramo entre Pintor R. Alonso e Fernando III o Santo. Así, a actuación na glorieta de María Victoria Moreno terá lugar na xornada de este xoves, e no tramo de Fernando II realizarase entre este xoves e mañá venres, o que implicará cortes e desvíos de tráfico.

Estes traballos de rahabilitación da capa de rodadura en puntos nos que se ten detectado algún tipo de deterioro forman parte do contrato de mantemento de espazos públicos urbanos.

Así, este xoves o tráfico na avenida María Victoria Moreno permitirase só no sentido que vai desde a avenida de Marín cara a avenida de Vigo. O tráfico en sentido contrario —en dirección avenida de Marín— será desviado cara a rúa Alcalde Hevia continuando pola rúa Iglesias Vilarelle e Xeneral Rubín, agás os autobuses que poderán continuar circulando pola avenida María Victoria Moreno. Os garaxes do tramo de María Victoria Moreno entre as rúas Alcalde Hevia e Taboada Nieto sairán cara a avenida de Vigo e accederán procedentes da avenida de Marín.

Rúa Fernando II. En canto á actuación na rúa Fernando II, que se desenvolverá entre a xornada de este xoves e a de mañá venres, o tráfico no treito entre Pintor R. Alonso e Fernando III O Santo permanecerá pechado agás para entrada e saída de garaxes.

A reposición do firme en rúas que presentan deterioro é unha actuación que se realiza desde a área de Mantemento de Espazos Públicos Urbanos, que xestiona a concelleira Eva Vilaverde, e comezou este luns na glorieta de San Roque e na contorna da Praza de Touros. Tras os traballos en Fernando II e Mª Victoria Moreno, actuarase tamén en tramos da avenida Xoán Carlos I, praza de Galicia (o tramo da parada de autobuses), rúa Juan Bautista Andrade, rotonda Xoán Carlos I - Losada Diéguez - Gaiteiro Ricardo Portela, e glorieta da rúa Echegaray - Alfonso XIII.

Comentarios