O Concello leva a cabo unha campaña informativa sobre a recollida selectiva na zona monumental

Informarán ós hosteleiros dos servizos "porta a porta" de cartón e vidro implantados no centro histórico dende 2008
Foto de archivo de unos contenedores. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
photo_camera Contenedores de basura en el casco histórico de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

O Concello inicia este luns unha campaña informativa entre a hostalería e comercio da zona monumental para recordarlles os servizos de recollida selectiva de "porta a porta" de cartón e vidro que están implantados en toda a zona. 

Esta campaña pretende acompañar ás boas cifras de reciclaxe que ten a cidade e, no caso do posible, incrementalas, polo que é fundamental incidir no ámbito do comercio e a hostalaría. 

A empresa concesionaria da recollida de lixo, Ferrovial Servizos, entregará un folleto a cada establecemento da zona monumental no que se recorda en que consiste a recollida porta a porta de cartón e vidro implantado en Pontevedra no ano 2008. Nos dous casos trátase dun servizo de balde, que asume o coste o Concello, e destinado en exclusiva a todos os locais con actividade económica, especialmente, hostalería e comercio. As datas e as horas de recollida dos residuos serán diferentes, segundo se trate de cartón ou de vidro, pero sempre polas noites. 

A Concellaría de Residuos, que xestiona Raimundo González, quere incrementar os estándares de recollida selectiva na cidade, unha das liñas de traballo do programa Efecto PO2. 

Comentarios