viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

A campaña de Nadal de Pontevedrá contará cun concurso de escaparatismo

Os postos Mercado de Abastos xa locen a súa decoración do Nadal. CONCELLO
Os postos Mercado de Abastos xa locen a súa decoración do Nadal. CONCELLO
O programa Ponte Xogos chegará por primeira vez ás parroquias e tamén aos barrios ►Coincidindo coa estrea da decoración do Mercado de Abastos, Yoya Blanco trasladou as súas propostas para dinamizar as rúas durante as festas

A campaña de dinamización do comercio de proximidade deseñada pola Concellería de Promoción Económica para este Nadal contempla, entre outras novidades, a convocatoria dun concurso de escaparatismo e a expansión do exitoso programa Ponte Xogos polas parroquias pontevedresas. Estas propostas foron avanzadas pola responsable do departamento municipal, Yoya Blanco, durante un encontro extraordinario da Mesa Local do Comercio (que preside a socialista) que se desenvolveu na mañá deste xoves a través de vídeoconferencia, na que ademais de voceiros das asociacións empresariais da cidade, participaron a concelleira popular Pepa Pardo e a xefa do Servizo de Promoción Económica, Encarna Dapena.

A edil do PSOE indicou que a súa intención é "que o programa Ponte Xogos consiga debuxar un sorriso este Nadal non só nos rapaces e nas familias do centro de Pontevedra, senón tamén nos barrios e, por primeira vez, nas nosas parroquias". Yoya Blanco explicou que diversos comercios da rúa da Oliva inaugurarán este venres ás 11:00 horas a exposición fotográfica do obradoiro Namórate e ti, organizado polo Concello en colaboración con Patricia Maquieira e Tegra Gómez para fomentar a autoestima e o empoderamento feminino empregando a imaxe como ferramenta e especialmente dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero ou en perigo de exclusión social.

A concelleira salientou a colaboración con colectivos como Aje, Aempe ou Ape, así como coa Universidade de Vigo, na celebración de encontros online e actividades formativas e subliñou "o rotundo éxito da iniciativa Nova Terra, realizada coa axuda da Deputación grazas ao asesoramento da experta en Visual Merchandising Cany Juncal". "Agora queremos convocar un concurso de escaparatismo para que participen tódolos establecementos comerciais do concello que se queiran adherir e, máis aló dos descontos que vai a oferta nesta fin de semana de Black Friday, farase outro concurso de Nadal dentro do marketplace E-Ponte.com", adiantou Blanco.

Na Mesa Local do Comercio tamén se trataron unha serie de propostas do PP para a campaña de Nadal. Unha delas consistía precisamente na organización dun concurso de escaparatismo, algo que, como precisou a concelleira e Promoción Económica, "evidentemente xa estaba en marcha antes da súa solicitude, xa que concursos destas características, como o que se fixo en Nova Terra, requiren dunha planificación e dun tempo de tramitación administrativo e non se poden sacar da chisteira da noite para a mañá".

Asemade, os populares plantexan a celebración dun concurso de beléns e doutro de panxoliñas, ideas que, en opinión de Yoya Blanco, "poderían estudarse", pero que "parece difícil que poidan levarse a termo sen o risco de que se produzan aglomeracións de xente". "Por último, tamén se propuxo un concurso de decoración de Nadal entre os traballadores do Concello, algo que haberá que consultar cos propios funcionarios e coa miña compañeira responsable de Persoal, a concelleira Carme Fouces", afirmou a socialista.

A campaña de Nadal de Pontevedrá contará cun concurso de escaparatismo
Comentarios