viernes. 29.05.2020 |
El tiempo
viernes. 29.05.2020
El tiempo

A campaña 'Viaxa mañá' da Deputación insta a aprazar as viaxes ás Rías Baixas

O Santuario da Peregrina sae no documental da Deputación. RAFA FARIÑA
O Santuario da Peregrina sae no documental da Deputación. RAFA FARIÑA
Un audiovisual pon en valor os recursos da provincia e resalta o esforzo que está a facer o sector

A Deputación vén de lanzar onte a ambiciosa campaña nacional e internacional Viaxa mañá, un audiovisual que pon en valor os recursos da provincia de Pontevedra e o esforzo que está a facer o sector turístico ante a pandemia do coronavirus.

"Nestes momentos de confinamento nos que todas e todos temos que quedarnos na casa, tanto o sector privado como as administracións da provincia estamos a traballar para que poidan vir mañá e se atopen con todo o que esperan", destaca a presidenta da institución provincial, Carmela Silva.

A campaña Viaxa mañá é "unha aposta emocional e desde a necesidade dos afectos", que se desenvolve a través dun audiovisual que ten unha duración de case dous minutos de duración que recolle, en liña cos argumentos da Organización Mundial del Turismo, "o chamamento á solidariedade e responsabilidade das persoas para que apracen á desexada viaxe ás Rías Baixas, onde agardan numerosos recursos turísticos dos que estamos a coidar, xunto a un sector turístico unido que está a facer un grande esforzo para dar resposta a este reto", tal e como se detalla na peza de vídeo.

O audiovisual -en galego, castelán e inglés- percorre espazos turísticos da provincia de Pontevedra baixo os parámetros de sustentabilidade, natureza, cultura, os valores da Axenda 2030 e a calidade. "Pon en valor o sector, o seu compromiso, sacrificio e esforzo que está facendo para afrontar esta situación e estar preparados para cando a crise sanitaria remate", explica Carmela Silva.

Deste xeito, a peza presenta diferentes recursos dunha provincia de Pontevedra que, subliña o documental, "te espera", e cun sector turístico que está a traballar para que "poidas volver o antes posible. Ímolo celebrar como nunca, porque estamos máis unidas e unidos que nunca pese á distancia".

Mentres, tal y como relata o documental, "nós coidaremos dos lugares que amas, as sendas que queres percorrer, os ríos e os montes, as rías, o noso patrimonio, os paseos pola praia e as comidas cos seres queridos, as cidades bulliciosas e as festas seguirán aquí canto todo isto pase. Rías Baixas espérate. Prepárate para volver".

OUTRAS INICIATIVAS. Ademais da posta en marcha desta campaña, a Deputación ten activas numerosas iniciativas para continuar impulsando a calidade do destino e dinamizando o sector turístico. Así, en canto á calidade, a Administración provincial está a impulsar un plan de formación on-line do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) no que, en poucas horas dende a apertura do prazo de inscrición, xa están anotadas máis dun centenar de empresas que están a participar este ano no Plan de Calidade da institución provincial.

No que respecta á dinamización do sector están en marcha dúas accións a través de redes sociais e das webs www.depo.gal e www.turismoriasbiaxas.gal. que están a encontrar unha enorme receptividade por parte da cidadanía. O mellor exemplo está a ser #21Days21Destinations que difunde e comparte os recursos turísticos da provincia cun grande impacto. Así, están a participar nesta acción numerosos bloggers. Nas redes, nas primeiras 48 horas da campaña, alcanzáronse preto de 470.000 persoas, cun impacto potencial de 1,7 millóns, 3.800 impresións e 325 retuits.

A campaña 'Viaxa mañá' da Deputación insta a aprazar as viaxes ás...
Comentarios