jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Os alumnos do IES Valle Inclán, campións en solidariedade

Alumnado patricipante na recollida xunto coas caixas de alimentos, este luns no IES Valle Inclán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Alumnado patricipante na recollida xunto coas caixas de alimentos, este luns no IES Valle Inclán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O estudantado recolleu máis de 1.300 quilos de comida para o Banco de Alimentos nunha iniciativa que aunou axuda e competitividade ►Gañou 1º da ESO C

Dando gañamos foi o lema elixido polo IES Valle Inclán para a iniciativa posta en marcha no instituto e que aunou competitividade e solidariedade, pois tratábase de achegar produtos non perecedoiros para a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Pontevedra. E tanto que si, pois entre todo o estudantado xuntáronse 1.321,40 quilogramos de comida.

Paco Suárez, vicedirector do centro, explicou que a iniciativa, denominada Un trimestre solidario buscaba aunar dous valores: "Solidariedade e voluntariado", plasmados nunha recollida en colaboración coa mencionada entidade. "Puxemos como reto 3.000 quilos, por dicir un número alto que servira de motivación".

"Les dejamos a su libre albedrío y lo hicieron francamente bien, porque estoy viendo y está todo perfecto. Hay de todo"

Era, admite, unha cifra demasiado elevada, pois o resultado foi do máis satisfactorio. Participaron preto de 800 estudantes, entre os de Secundaria, Bacharelato e tamén das seccións da Escola Oficial de Idiomas que se imparten no centro. Os primeiros no ranking foron os de 1º da Eso C, con 230,45 quilos. Janet Okutu é unha das 30 alumnas desa clase e admite que foron "muy competitivos". "Fuimos todos solidarios. Íbamos como animales. Trajimos lentejas, arroz, leche, pasta, albóndigas... Todo lo importante para una buena alimentación". Con este resultado séntense "todos orgullosos por haber ganado y por ser solidarios. Hemos hecho una buena acción para quien lo necesita". En segundo lugar quedou 3º da Eso D con 151 quilos e o terceiro posto compartírono dous 2º da Eso (C e A), con 147 e 145 quilos cada clase.

O resultado sorprendeu ao Banco de Alimentos, tal como dixo este lunes o seu responsable en Pontevedra, José Luis Doval, tras ver in situ o resultado. "Estamos encantados, ya mucho más por ser críos, porque ya ellos se van dando cuenta de que pueden ser voluntarios mañana" e tamén porque "saben que esto va para los necesitados". "El éxito a la vista está –subliña–. Cuando me dijo Paco que habían recogido 1.300 kilos me quedé asombrado. Y ahí están. Les dejamos a su libre albedrío y lo hicieron francamente bien, porque estoy viendo y está todo perfecto. Hay de todo: hay leche, aceite... de todo".

Os alumnos do IES Valle Inclán, campións en solidariedade
Comentarios
ç