lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

O Campus Crea derruba falsos mitos sobre os efectos do consumo de cannabis

Un momento da actividade, na Casa das Campás. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un momento da actividade, na Casa das Campás. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O profesor Manuel Isorna impartiu un obradoiro baseado en experimentos científicos

Valerse da evidencia científica para rebater "falsos mitos" como que "é mellor fumar un porro que un cigarro", que o consumo de cannabis "non produce dependencia", nin ten efectos cerebrais negativos constituía o obxectivo central do obradoiro Prevención de cannabis e tabaco baseada na evidencia científica, se desenvolveu este mércores na Casa das Campás. Inserido nas actividades do Campus Crea, o profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense e técnico en prevención de drogodependencias Manuel Isorna foi o encargado de impartir un seminario de buscaba "sensibilizar e empoderar aos e ás asistentes" respecto dos efectos de dúas drogas que constitúen "un problema de saúde pública de primeira orde".

Segundo os datos do Plan Nacional sobre Drogas, 9,6 millóns de persoas de todas as idades consumen tabaco diariamente en España, mentres que 2,1 millóns son consumidores de cannabis, dos que 600.000 realizan un consumo diario, lembrou Isorna, quen puxo énfase en que "en España temos un dos índices de consumo máis altos de toda Europa" destas substancias.

Os responsables do taller expuxeron aos e ás asistentes os efectos que ten para a saúde o consumo destas substancias, lembrando por unha banda que un cigarro ten 4000 substancias químicas, 250 delas nocivas para a saúde e 50 canceríxenas, ou poñendo o foco sobre os efectos do cannabis no cerebro e no feito de que os niveis de THC desta droga hoxe "son cinco veces maiores" que nos anos 90.

O Campus Crea derruba falsos mitos sobre os efectos do consumo de...
Comentarios