O campus gradúa a 209 persoas nunha tarde

A xornada máis prolífica en cerimonias de despedida da Universidade incluíu os actos de Dirección e Xestión Pública, Belas Artes, Forestais e Publicidade e Relacións Públicas ► Trátase da volta a estes grandes eventos trala pandemia, despois das de Fisioterapia e Enfermería ► En próximas datas será a quenda de Ciencias da Educación e o Deporte e CAV
undefined
photo_camera Graduación de Publicidade e Relacións Públicas. R. FARIÑA

Tarde frenética de celebracións no campus de Pontevedra, pois neste venres coincidieron catro actos de graduación doutras tantas titulacións.

O primeiro foi o de Dirección e Xestión Pública. O salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolleu esta cerimonia, na que recibiron os seus diplomas os 20 integrantes da décima promoción. Tiveron como padriño de honra ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e como madriña académica á profesora Soraya Rodríguez. Ademais do decano comisario, no acto interviu tamén Alejandro Virgós en representación do alumnado.

undefined
Belas Artes elexiu o Pazo da Cultura. RAFA FARIÑA

Unha hora despois, nun acto organizado pola Delegación de Alumnos, preto de 80 novos titulados e tituladas en Belas Artes celebraron a súa graduación no Pazo da Cultura. Tiveron como madriña académica á profesora Silvia García. Presentado por Xoel Gómez e Marina Aradas, o acto contou tamén coas intervencións das alumnas Carmen Suárez e Iris Rodríguez.

undefined
Dirección e Xestión Pública celebrou na súa Facultade. R. FARIÑA

Mónica Valderrama, vicerreitora en funcións de Comunicación e Relacións Institucionais; e Emma Torres, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, asistiron no salón de actos deste centro ao acto de graduación de 84 novos titulados e tituladas en Publicidade e Relacións Públicas, que tiveron como padriño ao profesor Daniel Martí.

Nestes dous casos foi o propio alumnado o encargado de organizar os seus respectivos actos. En Publicidade, de feito, foi unha actividade práctica dos propios estudos.

Quedan varias. A Escola de Enxeñaría Forestal celebrou a graduación dos 25 integrantes da súa novena promoción, que tiveron como madriña e padriño académicos aos docentes Graciela Paz e Óscar González. Á cerimonia, celebrada na propia escola, asistiron Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra en funcións, e Juan Picos, director do centro.

undefined
A graduación de Forestais celebrouse no salón de actos da propia escola. R. FARIÑA

A primeira deste fin de curso fora Fisioterapia e Enfermería, o pasado xoves, a segunda. Quedarán para o 24 de xuño as tres de Ciencias da Educación e do Deporte (Educación Infantil, Primaria e Ciencias do Deporte) e xa para o 1 de xullo, a última desta quenda, a de Comunicación Audiovisual, segundo informou o Duvi.

Comentarios