martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

O campus será o primeiro do Estado en compostar todos os seus biorresiduos

Composteiro xunto ao estacionamento da Escola de Enxeñería Forestal. DAVID FREIRE
O novo composteiro está situado xunto ao estacionamento da Escola de Enxeñería Forestal. DAVID FREIRE

O Concello instalou seis módulos novos que darán servizo a Forestais, polo que o primeiro centro quedará só para Ciencias Sociais

O Concello de Pontevedra, ao abeiro do plan Revitaliza impulsado pola Deputación de Pontevedra, e a Vicerreitoría do campus avanzan no seu propósito de mellora medioambiental, xa que a área universitaria da Xunqueira comezará esta mesma semana a compostar todos os seus biorresiduos, segundo informou este domingo a Administración local nun comunicado.

Deste xeito, o campus pontevedrés será o primeiro do Estado que asuma o tratamento de todos os seus residuos orgánicos, comprometéndose a reutilizar e devolver ao ciclo vital este tipo de restos. A estimación é que trate arredor de 50 toneladas ao ano.

A finais de decembro comezaba a instalación dun segundo centro de compostaxe no campus, xunto ao estacionamento da Escola de Forestais (fronte ao campo de herba sintética da Xunqueira). Ademais da instalación da base do composteiro e do punto de auga, colocáronse seis módulos para o tratamento do compost.

►A información completa, na edición impresa de Diario de Pontevedra deste luns◄

O campus será o primeiro do Estado en compostar todos os seus...
Comentarios