miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Cander e Miahoo, o Concello anima aos pontevedreses a atopar o seu ‘match’ na canceira

Presentación da campaña. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Presentación da campaña. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Paloma Castro apuntou que “entre os ‘algoritmos’ e reflexións que debemos ter en conta á hora de adoptar, é necesario formularse preguntas como se contamos co espazo suficiente"

“Napoleón. 6 anos. Optimista. Moi riquiño, deportista, amante de ir en CANoa polo Lérez. Busca humano que guste dos paseos, do bo xantar e das CANcións tradicionais”. Así é Cander, unha sorte de Tinder dos cans co que, baixo o eslogan ‘Encantámonos de seguro’, a Concellería de Benestar Animal, que dirixe a socialista Paloma Castro, pretende fomentar as adopcións de cans e cadelas.

A campaña, que a equipa creativa de Polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) deseñou en colaboración coa ilustradora Tania Solla inspirándose na prestixiosa rede social de citas e que tamén conta coa súa versión para gatas e gatos (Miahoo, en referencia a Yahoo), foi presentada esta mañá de sábado pola propia Castro en compañía de varios colaboradores e mascotas das asociacións adicadas á acollida, entre elas Os Palleiros.

A edil do PSOE lembrou quCander. CONCELLO DE PONTEVEDRAe a canceira municipal, xestionada por este último colectivo, “acolle actualmente a máis de 160 cans”, ao tempo que outros moitos se atopan en mans de familias de acollida temporais grazas á xestión de distintas asociacións.

“Tal e como aseguran as campañas Cander e Miahoo, todos temos dereito a unha bonita oportunidade e existen unha chea de argumentos para adoptar: mellorar a nosa calidade de vida e a da o animal adoptado, atopar un compañeiro que sempre vai estar aí, levar unha vida máis activa, ter máis amizades humanas e caninas e, sobre todo, rir a cachón e ser máis feliz”, sinalou Paloma Castro.

Miahoo

A socialista explicou que “á hora de buscar o noso ‘match’ deberemos pasar un test e unha entrevista por parte das asociacións, que se encargarán de elixir o animal que máis encaixe con nós e co que máis conexión teñamos”.

Non obstante, os carteis e dípticos informativos que se difundirán en ámbalas dúas campañas fan tamén fincapé nas responsabilidades que os futuros donos deberán ter en conta antes de adoptar, lembrando que os animais non son xoguetes, senón seres vivos, que é necesario acoder á veterinaria para supervisar a súa saúde e que terán que esforzarse para que as mascotas se sintan orgullosos deles, recollendo as súas deposicións e saíndo a realizar tódolos paseos diarios que precisan.

No caso dos felinos, a propia Concellería de Benestar Animal se encarga de controlar as colonias de gatos da cidade alimentando, esterilizando e velando pola súa saúde, ademais de xestionar un servizo de adopción en colaboración con varios colectivos.

A este respecto, Paloma Castro apuntou que “entre os ‘algoritmos’ e reflexións que debemos ter en conta á hora de adoptar unha gata ou un gato, é necesario formularse preguntas como se contamos co espazo para acollela e as condicións de salubridade necesarias, se teremos tempo suficiente para o seu coidado ou se disporemos de cartos para darlle unha boa alimentación e atención veterinaria”.
 

Como adoptar?
Segundo aclarou a concelleira de Benestar Animal, todos aqueles que queiran adoptar un can ou cadela “poden pasar directamente pola canceira municipal (Ribeiro, 1, Campañó) ou contactar a través dos correos electrónicos [email protected], [email protected] e [email protected]".

Os contactos para iniciar as xestións de acollida de gatas ou gatos son [email protected], [email protected] e [email protected].

“En todo caso, as mascotas que adoptemos -matizou a edil do PSOE- virán vacinadas, desparasitadas e co seu correspondente microchip"

Cander e Miahoo, o Concello anima aos pontevedreses a atopar o seu...
Comentarios