domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Carlos Conde recibe a medalla de ouro dos Profesionais da Imaxe

Carlos Conde mírase no espello dun dos seus locais. DAVID FREIRE
Carlos Conde mírase no espello dun dos seus locais. DAVID FREIRE

Recollerá a distinción este venres en Madrid

Asociación Española de Profesionais da Imaxe decidiu outorgarlle a súa medalla de ouro a Carlos Conde Peluqueros pola súa traxectoria no sector da perruquería masculina e en recoñecemento do seu esforzo e competencia. O empresario pontevedrés recibirá o galardón nunha cena-gala que terá lugar este venres en Madrid.

A asociación, que preside o modisto de alta costura Petro Valverde, naceu co obxectivo de defender ás persoas que se adican dun xeito profesional ao mundo da imaxe no Estado.

O empresario pontevedrés xa recibira o pasado ano o premio a mellor empresario do ano outorgado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra. No momento de recibir a distinción Conde afirmou estar "contento e motivado", xa que a súa compañía atravesa "un momento moi doce".

CARLOS CONDE PELUQUEROS. A súa empresa de perruquería masculina, que naceu hai 21 anos, conta na actualidade con 44 centros no conxunto do Estado, 21 delas en Galicia. Ademáis ten presenza en Portugal e Francia e ten en proxecto a apertura de novos establecementos en Marrocos e Miami.

O crecemento e expansión da firma non fai esquecer a Carlos Conde o feito de que a súa é unha empresa pontevedresa, que naceu na Boa Vila –onde mantén e ten pensado manter a súa sede–, unha cidade na que pretende abrir tamén un centro de formación que ensine o método de traballo e os piares do negocios a posibles franquiciados e traballadores.

Carlos Conde recibe a medalla de ouro dos Profesionais da Imaxe
Comentarios