viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Carlos Valle analizará as viaxes de Castelao a Francia no Instituto Cervantes de París

O exdirector do Museo de Pontevedra, Carlos Valle. GONZALO GARCÍA (ADP)
O exdirector do Museo de Pontevedra, Carlos Valle. GONZALO GARCÍA (ADP)

Los puertos, las fábricas clandestinas y las ventajas fiscales de Gibraltar, vías de entrada de un tabaco que se vende sobre todo en bares

Castelao en France é o título da conferencia que o historiador da arte e exdirector do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, ofrecerá o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Instituto Cervantes de París. A charla terá lugar ás 19.00 horas, na sede que a institución ten na capital francesa (Rue Quentin Bauchart).

Valle analizará a importancia das viaxes que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña,1886 - Buenos Aires,1950) realizou a Francia e a influencia que tiveron na súa carreira tanto artística como política.

Segundo se sabe, Castelao estivo no país veciño, polo menos, en sete ocasións. Foi alí por causas diferentes e igualmente esas estadías tiveron consecuencias distintas.

CRUCES DE PEDRA. Valle deterase en particular nas viaxes que realizou, co apoio da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), directamente ou a través da Comisión de Estudios en Galicia, nos anos 1921 e 1929. Segundo avanza o propio Valle sobre os contidos da súa intervención, nesta última viaxe visitaría Bretaña para realizar un estudo sobre as súas cruces de pedra. "Vinte anos despois desenvolverá ese mesmo estudio en Galicia", indica o historiador.

Importante coñecedor da figura de Castelao, Valle era director do Museo de Pontevedra cando a redistribución dos fondos no Sexto Edificio incluíu adicarlle dúas salas ao legado do de Rianxo. Nesas salas están tanto os dous grandes cadros da súa autoría que ten depositados a Real Academia Galega como os orixinais do álbum Nós que depositou a familia que os posúe trala súa descuberta no ano 2016.

Carlos Valle analizará as viaxes de Castelao a Francia no Instituto...
Comentarios