Da Silva pide a Ence que non boicotee a lectura do pregón

Os traballadores anunciaron unha manifestación durante o acto
Carme da Silva. GONZALO GARCÍA
photo_camera Carme da Silva. GONZALO GARCÍA

A concelleira de Festas de Pontevedra, Carme da Silva, fixo este xoves un chamamento a Ence para que non boicotee a lectura do pregón das Festas da Peregrina. Fíxoo durante a presentación do programa deste ano, na que aproveitou para dicir que "sabemos por outras veces que cando a empresa di que se pare, párase"

Neste sentido, explicou que Violeta Mosquera, a pregoeira deste ano, representa o traballo da xuventude e a súa creatividade, ademais de supoñer un xesto a unha xeración que sufriu especialmente o sacrificio que supuxo esta pandemia. "Pedímoslle a Ence que non lle falte ao respecto á pregoeira nin aos pontevedreses", insistiu a concelleira.

Comentarios