miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Carmela Silva aposta pola tecnoloxía no ORAL sen esquecer o lado humano

undefined
Carmela Silva na súa visita de onte ás novas oficinas do ORAL en Pontevedra. J. CERVERA
A presidenta da Deputación valora positivamente a modernización do servizo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou este martes a nova oficina do ORAL en Pontevedra para reunirse co equipo directivo do servizo e fixo unha valoración xeral, destacando a vontade de melloras na aplicación das novas tecnoloxías sen deixar ao marxe a parte humana.

Con este novo local, situado na rúa Manuel del Palacio de Pontevedra, a Deputación realiza unha aposta pola simplificación administrativa e pola mellora da eficiencia e da eficacia do servizo. Ademais, serve como punto físico único de atención na cidade, permitindo que as persoas que precisan asesoramento presencial reciban unha atención máis simplificada.

O cambio do ORAL "está a ser trascendental" sinala Carmela Silva, destacando "a modernización, accesibilidade, prestacións, atención ao público e novas ferramentas na relación cos concellos". En relación a isto último, a presidenta puxo en valor o significado que ten para os Concellos o traballo que se leva a cabo dende o Oral.

No encontro que tivo co equipo directivo, Camela agradeceulles "o traballo, o compromiso e as novas ideas e propostas que teñen planificado", o que desemboca nunha "maior eficiencia e eficacia no labor que se desenvolve", apuntou a presidenta.

O novo local serve como punto físico único de atención na cidade, permitindo que as persoas que precisan asesoramento presencial reciban unha atención máis simplificada

Silva tamén avanzou que "imos ter que seguir facendo máis cambios no servizo en consonancia coa aparición de novos instrumentos de mellora de xestión, aos que nos temos que sumar, da continua aplicación das novas tecnoloxías como estamos a facer, pero sen esquecer que o lado humano da prestación de servizos, na atención ao público, nunca o vai suplir en ningún caso o avance tecnolóxico".

De feito, a presidenta comprometeuse a que en setembro iniciará unha nova visita a todas as oficinas periféricas do ORAL "que son o instrumento de atención cercana en todas as comarcas da provincia, así como que no próximo orzamento se contemplará unha nova dotación para que o persoal dispoña de dobres pantallas nos seus postos a fin de optimizar a atención á cidadanía".

A nova oficina de atención ao público do ORAL en Pontevedra conta con 8 postos de atención e está dotada de melloras tecnolóxicas que permiten axilizar trámites como a obtención de duplicados de recibos ou notificacións. Ademais, as persoas usuarias tamén se poden achegar a esta oficina para realizar directamente os seus trámites desde os ordenadores que están a súa disposición, recibindo asesoramento do persoal no caso de que o precisen.

Co punto de atención única tamén se mellora a podutividade das servidoras e servidores públicos do ORAL, ao deixar de compaxinar o seu traballo cunha dispoñibilidade de presenza continuada, tarefa que agora desempeña persoal dedicado exclusivamente a esta función.

Carmela Silva aposta pola tecnoloxía no ORAL sen esquecer o lado...
Comentarios
ç