Carmela Silva recolle en Cáceres o I Premio Sumando Igualdad Charo Cordero

A presidenta da Deputación mostrou a súa emoción ao recoller este galardón: "É unha grande honra"
Carmela Silva, en conferencia de prensa. EUROPA PRESS
photo_camera Carmela Silva, en conferencia de prensa. EUROPA PRESS

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recolleu este venres en Cáceres o Premio Sumando Igualdad Charo Cordero como recoñecemento "á súa longa traxectoria na loita feminista e para visibilizar o seu traballo pola Igualdade desde a política", nun acto presidido polo presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, e ao que tamén asistiron o ex presidente Juan Carlos Rodríguez Ibarra; o alcalde de Cáceres, Luis Salaya, ou a consejera de Igualdade da Junta, Isabel Gil, entre outras autoridades.

Trátase da primeira edición destes Premios que levan o nome da ex presidenta da Deputación de Cáceres, Charo Cordero, falecida o pasado ano, unha das mulleres referentes no Estado na loita contra as desigualdades, no traballo para favorecer a presenza das mulleres ou no impulso de políticas no eido do reto demográfico.

Carmela Silva mostrou a súa emoción ao recoller este galardón. "É unha grande honra", indicou.

Comentarios