Tralos traballos de pintado dos últimos días, remataron os traballos de ampliación do carril bici do campus universitario, que serve tamén para promover a mobilidade sustentable.
As obras acometidas pola Vicerreitoría permitiron sumar ao treito realizado en 2016, que conectaba a rúa Celso Emilio Ferreiro co acceso á Facultade de Ciencias Sociais, un novo treito que vai desta facultade á Escola de Enxeñaría Forestal, para logo avanzar cara as facultades de Ciencias da Educación e Fisioterapia e conectar, na parte traseira desta última, coa senda peonil da Illa do Covo.
O investimento total dos traballos foi de 50.000 euros.