Así será a Cabalgata de Reis en Pontevedra: horarios, percorrido e previsión do tempo

Sen restricións e con toda a ilusión; os Reis Magos estarán pola mañá en Mugartegui e pola tarde percorrerán as rúas da cidade repartindo ata dúas toneladas de caramelos sen gluten
Preparativos da Cabalgata de Reis no colexio de Campañó, este martes. GONZALO GARCÍA
photo_camera Preparativos da Cabalgata de Reis no colexio de Campañó, este martes. GONZALO GARCÍA
  1. O percorrido
  2. Outros actos na cidade
  3. Unha gran festa

É, sen dúbida, unha das mellores noticias do ano: as súas maxestades de Oriente volven pisar terras pontevedresas. Logo de dous anos de restricións a causa da covid-19, a tradicional Cabalgata de Reis celebrarase con total normalidade. Haberá carrozas, grupos de animación, música e baile, chuvia de caramelos e moitas sorpresas.

O percorrido

A Boa Vila recupera así este ano a tradicional Cabalgata polas súas rúas da cidade, prevista para mañá xoves, 5 de xaneiro, con saída ás 18.00 horas desde a Avenida de Lugo. O percorrido que farán Melchor, Gaspar e Baltasar e máis o seu séquito real continuará por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza do Concello e Alameda.

O Concello de Pontevedra lembra que cómpre seguir as instrucións dos corpos de seguridade e dos voluntarios de Protección Civil co fin de garantir o benestar de todas as persoas que acudan a ver á cita máis máxica do ano. Está previsto que sexan repartidos preto de dúas toneladas de caramelos sen gluten pola comitiva.

Recorrido de la cabalgata
Recorrido de la cabalgata

Outros actos na cidade

Porén, antes deste tradicional paseo, as súas maxestades de Oriente participarán en diversos actos pola cidade ao longo do día. A súa presencia será un regalo máxico para moitos, nenos e nenas, e mesmo adultos. Deste xeito, os Reis Magos deixarán constancia da súa presencia en diferentes medios escritos e radiofónicos de Pontevedra como este rotativo.

Ademais, tamén estarán pasarán polo Club Social e Deportivo de Campolongo (10.00 horas) para logo facer unha visita aos maiores da residencia de Campolongo (10.45 horas), continuando cunha visita ao Estadio da Xuventude (12.30 horas) para asistir á gran festa do atletismo do V Torneo de Reis.

Por suposto, os Reis serán recepcionados polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Festas, Carme da Silva, no Pazo de Mugartegui, que agardan poder desexarlles unha boa xornada repartindo regalos a todas as crianzas que agardan por eles. Esta visita está prevista para ás 11.00 horas, intre no que tamén saudarán desde os balcóns do emblemático edificio.

O tempo

Los niños podrán disfrutar de los Reyes Magos sin llevar paraguas, salvo que lo quieran utilizar para coger más caramelos. La jornada del jueves vendrá acompañada de la influencia de las altas presiones y con vientos de componente sur. El día estará marcado por la alternancia de nubes y claros. 

Las temperaturas en Pontevedra oscilarán entre los 9º y los 16º, teniendo la Boa Vila y Vigo las máximas más altas de la comunidad. El día estará marcado por la alternancia de nubes y claros. 

Unha gran festa

Ata seis carrozas de gran tamaño circularán polas rúas da cidade con motivos variados, que se moven entre as películas e series de animación ou o mundo animal.

Deste xeito, Zona Monumental participará coa carroza Tigre Siveriano; Avícola de Galicia cunha de Pocahontas, Supermercados Froiz coa de Dragon Ball, para logo Melchor, Gaspar e Baltasar ter cada un o seu correspondente transporte desde o que ofrecer caramelos e saúdos.

As carrozas estarán acompañados de máis de dúas decenas de grupos e propostas de animación creados por diferentes colectivos e agrupacións como Rivel Animación, Barafunda, Art-Monium, Troula ou Pablo Méndez. A música tamén estará presente coas actuacións da charanga Airiños de San Martiño, o grupo folclórico Pola Vila, Duos Pontes ou os Fervellos do Pío. O que non haberá na Cabalgata serán camelos reais.Desde o Concello tamén se indica que ningún animal será utilizado durante esta convocatoria.