lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

Catro alumnos do Sagrado de Placeres chegan á final española do concurso matemático Pangea

O grupo de estudantes que chegaron á final do certame. CEDIDA
O grupo de estudantes que chegaron á final do certame. CEDIDA

Este concurso consiste na realización de 20 preguntas por test, que abarcan desde o cálculo á xeometría, pasando pola lóxica e o resto de disciplinas dentro da matemática

Catro alumnos do colexio Sagrado Corazón de Placeres lograron clasificarse para a final española do concurso matemático Pangea, segundo informou o centro nun comunicado.

Trátase de Paula Ferradás Maneiro, que estuda sexto de Primaria; e de Julia Carro Tomé, Hugo Vázquez Fuentes e Breogán Fariña Fernández, alumnos de primeiro de ESO.

Este concurso, no que participan alumnos de Primaria e Secundaria de toda Europa, consiste na realización de 20 preguntas por test, que abarcan desde o cálculo á xeometría, pasando pola lóxica, a álxebra e o resto de disciplinas dentro da matemática.

En España presentáronse máis de cen mil alumnos, pero á final tan só pasaron cen deles por cada categoría. Entre o pasado xoves e onte tiveron lugar as probas da final, polo que ao grupo de estudantes, ás súas familias e aos seus mestres tan só lles queda agardar polos resultados.

Este é un máis dos éxitos acadados por representantes do Sagrado no eido matemático.

Catro alumnos do Sagrado de Placeres chegan á final española do...
Comentarios