jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

EDUCACIÓN

O CEIP A Xunqueira I súmase ó programa Introdución da robótica en Primaria

Taller de robótica no colexio A Carballeira o pasado curso. CH. F. (ARCHIVO)
Taller de robótica no colexio A Carballeira o pasado curso. CH. F. (ARCHIVO)
No municipio de Pontevedra continúan participando na iniciativa os colexios Froebel, A Carballeira, San Martiño e Vilaverde-Mourente

O CEIP A Xunqueira I é un dos nove centros de ensino públicos da provincia de Pontevedra que se incorporarán este curso ao programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en Primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción, segundo informou onte a Consellería de Educación.

En toda a provincia serán 83 os centros que desenvolvan o programa. Na cidade continúan co programa os CEIP A Carballeira, Froebel, San Martiño e Vilaverde-Mourente.

Outros colexios adheridos á iniciativa son os CEIP Amor Ruibal (Barro), San Clemente (Caldas), Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro), Plurilingüe de Carballedo e Tenorio (Cerdedo-Cotobade), Aurelio Rey (Cuntis); os CEIP de Viñas, Lourido e Espedregada (Poio) e A Florida e Noalla-Telleiro (Sanxenxo). Tamén están implicados dous colexios de Marín (Sequelo e Reibón), o CPI Santa Lucía de Moraña e catro de Vilagarcía: os CEIP de Rubiáns, O Piñeiriño, Viñagrande-Deiro e Sestelo-Baión.

Este programa está dirixido ao estudantado dos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria

Introdución á robótica educativa en Primaria enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa desta consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o proxecto, que estará formada por seis robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, seis kits de construción que permitan a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

En toda Galicia desenvolverán este curso o programa Introdución á robótica educativa en primaria un total de 178 centros, dos que 25 son de nova incorporación.

O CEIP A Xunqueira I súmase ó programa Introdución da robótica en...
Comentarios