Cemiterios a golpe dun clic

O Concello avanza na informatización de San Amaro: creouse unha base de datos cos movementos rexistrados dende 1912 e o inventario dos nichos e panteóns

Imagen del acceso al camposanto de San Amaro durante el Día de Difuntos de 2016.
photo_camera Imagen del acceso al camposanto de San Amaro durante el Día de Difuntos de 2016.

Un servizo con xestión administrativa, atención ao público e dispoñibilidade de información propia do século XXI. Con este obxectivo, o departamento municipal de Cemiterios, que dirixe a concelleira Carme Fouces, traballa na posta ao día de San Amaro e dos outros camposantos do concello.

Son tres as liñas de actuacións que, segundo o goberno local, se están a seguir: a implementación informática, a mellora do equipamento técnico e mecánico e das condicións de traballo dos operarios e a posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico que hai nestes espazos.

Ante a inminente festividade de Todos os Santos,  o departamento de cemiterios fixo balance das melloras incorporadas no último ano.  O proceso de informatización comezou coa introdución e acceso aos datos básicos do cemiterios, como definición da propiedade, titular, inhumacións feitas ou variacións rexistradas desde o ano 1912. Logo fíxose o inventario de todos os nichos de cemiterio e hoxe en día estase traballándose na elaboración do inventario dos panteóns.

O programa informático co que se está a traballar permite introducir información sobre persoeiros senlleiros enterrados no cemiterio pontevedrés e sobre tumbas e panteóns con valor artístico e arquitectónico, explica o Concello. 

Ao final, como ramo do proceso de informatización, instalarase unha pantalla/ordenador no exterior coa información sobre o cemiterio (planimetría, localización de nichos e panteóns,…) para que a xente que se achegue poda consultala a golpe de clic.

Aínda que, nesta primeira fase, é San Amaro o cemiterio que está a concentrar os esforzos de renovación, xa están feitas as planimetrías dos outros camposantos de titularidade municipal: Campañó, Lourizán, Bora e Ponte Sampaio.

Comentarios