martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Meiga lévase o premio á Mellor Cervexa no Pontebirra

Meiga, la gran vencedora del Pontebirra. CEDIDA
Meiga, la gran vencedora del Pontebirra. CEDIDA
A creación de Luís Tilve e Andrés Granero tamén conseguiu o galardón de Mellor Etiquetado ► Mean Dogs foi recoñecido co de Mellor Foodtruck 

Aínda que as condicións meteorolóxicas non acompañaron, a primeira edición de Pontebirra, o Festival de Cervexa Artesá de Pontevedra, "foi un rotundo éxito de asistencia de público", en palabras da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, quen engadíu que o certamen "veu para quedarse". 

A organización constatou que máis de 2.500 persoas adquiriron o vaso necesario para degustar algún dos 90 tipos de cervexa que se puxeron á venda nas carpas da Alameda. 

Blanco subliña "o especial interese que despertaron as marcas made in Pontevedra" e destaca que, á marxe das máis que satisfactorias cifras de negocio, "houbo un moi bo ambiente, coas mesas cheas e moitísima xente en pé, tanto o venres como sábado, e mesmo o xoves, que foi un día bastante frío e chuvioso". 

Mantén que a programación do Pontebirra, que incluíu foodtrucks, obradoiros, concertos, charlas e xogos populares, "resultou tremendamente atractiva para tódolos membros da familia", e os pais amosáronse moi contentos coas actividades deseñadas para os máis pequenos. 

PREMIOS. Os recoñecementos tamén tiveron o seu espazo no Pontebirra. Meiga, de Luís Tilve e Andrés Granero, conseguiu o premio á Mellor Cervexa e ao Mellor Etiquetado.

Pola súa parte, Mean Dogs, de Sonia Rodríguez e Juan García, levou o de Mellor Foodtruck.

Meiga lévase o premio á Mellor Cervexa no Pontebirra
Comentarios