A 'Supernanny' dará charlas en Pontevedra, Lalín, Marín e Sanxenxo

O CFR trae de xira á educadora Rocío Ramos-Paúl, que dará catro conferencias na provincia pontevedresa
Rocío Ramos-Paúl. DP
photo_camera Rocío Ramos-Paúl. DP

Rocío Ramos-Paúl, máis coñecida como Supernanny polo programa televisivo que protagonizou hai uns anos, ofrecerá catro charlas na provincia nas vindeiras semanas. Esta xira, baixo o título La difícil tarea de educar hoy, está organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) Pontevedra.

A primeira das ponencias será o 14 de novembro no IES Sánchez Cantón; o día 22 estará no IES Laxeiro (Lalín) e, xa en decembro, acudirá o 16 á Biblioteca Municipal de Marín e o 19 ao Pazo Emilia Pardo Bazán, de Sanxenxo. En todos os casos será ás 18.30 horas. Ramos-Paúl é licenciada en Psicoloxía, con máster en Psicoloxía Clínia e especialista en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

O CFR, a través do Plan de Formación Permanente do Profesorado, tamén levará ao Sánchez Cantón a Francisco Cascón Soriano, profesor na Licenciatura en Cultura de Paz, integrada na Cátedra Unesco de Paz e Dereitos Humanos, e membro do Seminario Permanente de Educación para a Paz. A súa conferencia será o 15 de novembro ás 16.00 horas.

Comentarios