Chamamento do comisario contra os bulos sobre as picadas a mulleres

O responsable provincial da policía asegura que non hai unha soa denuncia por este tema na provincia: "Son bulos que van correndo por redes sociais, non sei con que motivación"
El comisario, Juan José Díaz, con Carmela Silva y López Font, ayer en la Deputación. DP
photo_camera O comisario, Juan José Díaz, con Carmela Silva e López Font, este xoves na Deputación. DP

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu este xoves no Pazo Provincial ao novo comisario provincial de Pontevedra, Juan José Díaz Jiménez, no marco da estreita colaboración que manteñen ambas institucións e que ambos referendaron hoxe.

No encontro, tanto a presidenta como o comisario coincidiron na valoración de Pontevedra como unha provincia segura, ao tempo que fixeron un chamamento á "rigorosidade" ao abeiro dos últimos bulos xurdidos nas redes sociais sobre submisión química por picadas a mulleres, en referencia ao acontecido na noite pasada en Cambados.

Neste eido, Carmela Silva incidiu en que é necesario este chamamento á cidadanía "para que non nos deixemos levar por esas falsas noticias e bulos que aparecen en redes e ás veces só buscan el protagonismo de quen os xera, e que provoca un alarmismo que dana á liberdade das mulleres".

"Quero dicir á sociedade –sinalou- que non creemos alarmismos, que non creamos nos bulos que están a aparecer nas redes e que temos instrumentos e protocolos para facer fronte a cuestións que poidan acontecer, pero que na provincia non están acontecendo. Porque certamente estas cuestións fan que moita xente ocupe un espazo nas redes simplemente para o seu propio posicionamento persoal e isto é moi grave. A Policía e as Forzas e Corpos de Seguridade están moi atentos e traballando coordinadamente para ter toda a información e poder actuar. Estamos nas mellores mans".

Pola súa banda, o comisario tamén lembrou que, a día de hoxe, "en toda a provincia de Pontevedra, nas dependencias da Policía Nacional, non hai unha soa denuncia relacionada con este tema". "Son bulos que van correndo por redes sociais, non sei con que sentido nin con que motivación –apuntou-. A realidade é que non hai nada".

Incidiu así mesmo na necesidade de que, en caso de que se produza un caso, a vítima chame con premura ao 112 para a atención sanitaria e, "sobre todo para facer análises e saber o que está pasando".

As picadas ás mulleres en zonas de ocio están a ser noticia pola súa proliferación en algún lugares de España. Ainda que nas redes sociais denunciáronse supostos casos ocorridos no Val Miñor, en Vigo ou no Salnés, o certo e que a policía nacional non ten rexistrada ningunha denuncia formal e nos hospitais non consta a verificación de ningún destes presuntos atentados contra a integridade das mulleres.

Comentarios