viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Charla antifascista do mozo que dixo nas redes sociais ter sido víctima dunha agresión

Sombras de manifestantes sobre una bandera nacionalista, este jueves, en la plaza del Obradoiro. LAVANDEIRA JR. (EFE)
Bandeira nacionalista. LAVANDEIRA JR. (EFE)

Contou que o atacaron por "levar posta unha camiseta de Galiza"

A Casa da Luz acolleu o pasado sábado un acto antifascista organizado por Galiza Nova, ao que asistieron unhas 30 persoas, que contou coa testemuña de Pablo Blanco, militante da asociación xuvenil do BNG que o día 6 recurríu ás redes sociais para denunciar unha suposta agresión "polo feito de levar posta unha camiseta de Galiza", segundo publicou entón.

"Non hai que terlles medo, temos que saír con orgullo cos nosos sinais de identidade e orgullosas dos ideais que defendemos", indicou o sábado a presunta víctima desta acción, da que non consta ningunha denuncia na Policía.

Tamén falou Duarte Correa, mestre de Historia e analista de política internacional, "para analizar máis a fondo o auxe do fascismo", quen animou á mocidade organizada no BNG a "seguir a loita antifascista e saír ás rúas, porque ten que haber un constante combate ideolóxico contra o fascismo".

Charla antifascista do mozo que dixo nas redes sociais ter sido...
Comentarios