viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Pepe Solla e o seu equipo colaboran cos fogóns do comedor de San Francisco

El chef Pepe Solla. ADP
El chef Pepe Solla. ADP
O cociñeiro de Casa Solla e seis profesionais do restaurante utilizan produtos doados polos seus provedores

O chef Pepe Solla, propietario do restaurante Casa Solla --que ten unha Estrella Michelín--, e seis membros do seu equipo colaboran desde a pasada semana desinteresadamente co comedor social de San Francisco. A súa contribución permite ofrecer aos usuarios receitas como pescada ao vapor con caldeirada de patacas, pasta con atún vermello e tomate ou repolo guisado con garavanzos.

Segundo informou este martes o Concello, estanse empregando para este labor boa parte dos alimentos non perecedeiros dos que dispón o propio comedor, e tamén produtos doados polos propios provedores de Casa Solla, como Somen Hostelería, Frigoríficos Bandeira ou Balfregó

A concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, salientou "o enorme xesto que, unha vez máis, están a levar a cabo Pepe Solla e o seu equipo, ofrecendo comida de primeira calidade ás persoas máis vulnerables, que o son aínda máis en plena pandemia".

Pepe Solla e o seu equipo colaboran cos fogóns do comedor de San...
Comentarios